You are on page 1of 5

Ribeira de Soutelo

1. EMPRAZAMENTO

DATOS XERAIS Comarca: Ras Baixas. Sector: Ra de Vigo. Municipio: Redondela. Parroquias: Santo Andr de Cedeira. Extensin: 2,71 km2.

06_07_394

2. CARACTERIZACIN
ELEMENTOS NATURAIS ELEMENTOS ANTRPICOS

AS FORMAS DO RELEVO
Unidade con tramo costeiro caracterizado pola presenza da chaira intermareal areoso-lamacenta que anda que de pequenas dimensins especialmente visible no seu extremo oriental onde desemboca o nico curso fluvial relevante e que chega a formar a praia de Soutelo tamn de escaso tamao e identificable en marea baixa. A vertente traseira culmina no Pico de San Vicente, aproximadamente a 450 m snm, unha elevacin grantica con pendentes pronunciadas que contrastan co aspecto chairo da franxa costeira e sobre todo da metade oriental da unidade modelada sobre materiais mis doadamente erosionables de natureza xistosa.

USOS DO SOLO
A localizacin dos usos existentes est condicionada polo relevo que acta de factor limitante para segundo qu actividades. Nas ladeiras do Pico de San Vicente, predomina o monocultivo de eucalipto e pieiro, constitundo o principal aproveitamento de toda a unidade. A franxa costeira, mis ch, concentra o groso dos usos, compoendo un sobrecargado mosaico dominado por campos de labor e viedos entre os que se localizan os ncleos de poboacin. Pequenos rodais de bosque de ribeira e bosque mixto completan a caracterizacin desta zona. No espazo litoral dse un intenso aproveitamento marisqueiro aproveitando as excepcionais condicins naturais que brinda a chaira intermareal areosa da Ra de Vigo.

AS UNIDADES LITOLXICAS
Pola sa litoloxa, a unidade podera diferenciarse na parte oriental ou metamrfica, e a occidental ou gnea. As, ao oeste dominan os granitos de feldespato alcalino que nalgunhas zonas poden presentar facies de gran medio a groso; pero ao leste combnanse dous tipos de rochas asociadas ao metamorfismo. Aos paragneises con plaxioclasa e biotita e micaxistos, sucdenlle no extremo oriental, os xistos, lousas e paragneises do Complexo de Cabo Home - A Lanzada. Os depsitos do Cuaternario restrnxense s areas de praia de Soutelo.

MORFOLOXA
Os asentamentos localzanse ao redor da franxa costeira e estendndose lonxitudinalmente seguindo o trazado da N-550. A estrutura nuclear bsica de aldeas como Cedeira, O Cruceiro ou A Portela modifcase pola aparicin de novas edificacins derivadas do crecemento de Redondela e desvinculadas dos labores agrarios. Estas novas construcins xorden aleatoriamente, ocupando terreos outrora agrcolas, conformando un continuo urbano paralelo marxe esquerda da ra, aproveitando as mellores condicins topogrficas. Pola sa banda, o parcelario caracterzase polo pequeno tamao das explotacins, constitundose unha paisaxe tpica de minifundio sen o reforzo visual do elemento de peche artificial da propiedade. Os terreos en pendente gradanse formando socalcos que favorecen as prcticas agrarias superando as condicins orixinais adversas do relevo.

A DIVERSIDADE CLIMTICA
Ambiente climtico Clido e Hmido no que a temperatura media anual supera os 14 C e a amplitude trmica media rolda os 13 C. En canto s precipitacins rexstranse mximos acumulados de 1400 mm e sen chegar a baixar de 1200 mm ao ano. A vertente norte do Pico de San Vicente recibe as maiores precipitacins que aumentan coa altitude, polo que se define un dominio Clido e Moi Hmido no que se poden alcanzar ata 1800 mm no cume.

OS SOLOS
Sector costeiro con pequena chaira intermareal formada por sedimentos lamacentos e areosos mis visibles ao oeste de Punta da Portela. Na vertente desenvlvense solos tipo cambisol dstrico e dstrico-mbrico, anda que na metade occidental da unidade, nos tramos de maior pendente, os solos estn menos evolucionados e poden aparecer umbrisoles e regosoles aptos para usos forestais principalmente, e no alto do Pico de San Vicente mesmo os mis pobres leptosoles lticos de perfil esqueltico e con afloramentos do substrato rochoso.

INFRAESTRUTURAS DE MOBILIDADE
A principal va de comunicacin da unidade a N-552 que, con orixe na Corua, comunica todos os ncleos costeiros da marxe sur da Ra de Vigo. De forma paralela a esta va, xorde o trazado da lia de ferrocarril que une Vigo e A Corua conformando un eixe de comunicacins que acolle un gran volume de trfico tanto de viaxeiros como de mercadoras. A partir da N-552 xorde unha estrada provincial que comunica Redondela con Trasmao e dende a cal xorden unha serie de camios forestais que permiten desprazarse polas ladeiras do Alto de San Vicente.

AS AUGAS
O principal colector fluvial da unidade chega s Augas Costeiras de Redondela (20158), desembocando na praia de Soutelo, proveniente do Pico de San Vicente, ao sueste. O resto da rede hidrogrfica articlase en pequenos vales.

PATRIMONIO HISTRICO
As potencialidades deste espazo costeiro son coecidas dende antigo, feito que se referenda coa presenza de varios depsitos arqueolxicos que confirman a antigidade dos primeiros poboamentos desta costa. De entre eles destacan os Petroglifos achados en Santo Andr de Cedese. O Pazo de Torrecedeira e o cemiterio de Santo Andr figuran dentro do patrimonio etnogrfico no interior da unidade .No extremo occidental, aparecen os restos de antigas fbricas de salgadeira que dan razn do vnculo co mar da poboacin e do aproveitamento tradicional dos recursos que tia lugar como a fbrica de salgadura de Jose e Bao en Ponte Pas.

O PATRIMONIO NATURAL
Lia de costa e zonas intermareais e marias dentro do LIC Enseada de San Simn. Unidade lateral de esteiro con dominio dos bancos areosos e/ou lamacentos intermareais e submareais superficiais (1110 e 1140). Os acantilados baixos non desenvolven o potencial hbitat que lles corresponde, o 1230 de cants marios atlnticos. Ao interior, unidade ocupada en gran parte polo forestal de repoboacin. nas partes baixas da parroquia de Cedeira onde se pode citar algn patrimonio ecolxico no medio dun espazo densamente ocupado e transformado. Trtase de pequenas masas de especies frondosas autctonas mesturadas con outras non propias destes ambientes, acompaando as vas de comunicacin, na lia de costa da Praia de Soutelo e seguindo o curso do arroio de Cedeira. difcil asociar estas formacins a unha orixe concreta, pois a transformacin de hbitats naturais modificou a composicin das antigas masas e da hidromorfa en ladeira.

O CARCTER E A ORGANIZACIN ACTUAL


Nesta unidade predominan os aproveitamentos tradicionais ligados agricultura que se converte no elemento dominante da escena xunto coa costa. Configrase, polo tanto, unha unidade na que predomina o seu carcter rural a pesar de que nos ltimos anos o crecemento urbano asociado a Redondela se estendeu polo oriente deste espazo e, en consecuencia, modificouse o modelo tradicional de asentamentos. Resulta evidente que o relevo o elemento director da organizacin da paisaxe posto que acta como limitante natural para as actividades humanas e como factor biofsico determinante para a extensin das diferentes coberturas. O resultado destas interaccins un espazo aberto Ra de Vigo, cun uso intenso do territorio e das sas augas.

DINMICA DA PAISAXE
Dende mediados do sculo pasado as ladeiras do Pico de San Vicente fronse poboando con monocultivos forestais, que foron substitundo as matogueiras, transformando un espazo, a priori improdutivo, noutro espazo do que se obteen produtos de alto valor comercial. Tamn se producen transformacins noutros dous aspectos que resultan fundamentais para comprender a paisaxe actual. Por un lado, o abandono dun bo nmero de parcelas agrcolas o que significa un cambio no modelo econmico tradicional. En segundo lugar, na aparicin de novas edificacins que ocupan as parcelas libres e que compoen a periferia urbana de Redondela, alterando o modelo de asentamentos tradicional caracterizado pola presenza de aldeas como Cedeira ou A Portela.

RISCOS E IMPACTOS
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

3. AVALIACIN
VALORACIN DA PAISAXE
Trtase dunha paisaxe litoral na que conviven un aproveitamento tradicional do solo combinado con necesidades propias de mbitos urbanos, produto do intenso grao de artificializacin e densidade de poboacin. A costa, cos seus entrantes e salientes, conforma unha paisaxe de gran beleza e altos valores ecolxicos. Dende os puntos de observacin propostos (Ponte Pas, Punta da Portela e Penide) posible contemplar toda o fondo da Ra de Vigo presidido pola ponte de Rande.

4. PLANIFICACIN
OBXECTIVOS DE CALIDADE PAISAXSTICA
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

ACCINS
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

MBITOS DE RECUALIFICACIN
Nesta unidade non se contemplan posibles mbitos de recualificacin.

You might also like