You are on page 1of 5

Esteiro do Ro Verdugo

1. EMPRAZAMENTO

DATOS XERAIS Comarca: Ras Baixas. Sector: Ra de Vigo. Municipio: Pontevedra ao norte, Soutomaior no centro e Redondela no extremo sur. Parroquias: Santa Mara de Ponte Sampaio en Pontevedra; Santiago de Arcade e San Salvador de Soutomaior en Soutomaior e Santa Mara do Viso en Redondela. Extensin: 5,21 km2.

06_07_389

2. CARACTERIZACIN
ELEMENTOS NATURAIS ELEMENTOS ANTRPICOS

AS FORMAS DO RELEVO
Unidade de esteiro situada na desembocadura do Ro Verdugo. Na parte exterior hai un tramo de costa baixa entre a Enseada de Pieiro e a propia desembocadura do ro, caracterizada por presentar depsitos sedimentarios asociados dinmica fluvio-maria, ademais de pequenos tramos acantilados e praias como as do Muelle e Matilde no contacto coa superficie continental. Por outra parte a transformacin da paisaxe costeira foi bastante intensa en relacin coa expansin urbana, o que tamn modificou a lia de costa. O esteiro propiamente dito est formado polo curso baixo do Ro Verdugo, de direccin E-O, en cuxas marxes se localizan os depsitos sedimentarios con reas de marisma. A prolongacin continental establcese a travs das das vertentes do val principal, nas que se debuxa un relevo de pendente suave a moderada sobre materiais granticos. Ao sur destaca o monte da Peneda de 329 m snm, elevacin grantica que sobresae na cabeceira do val do Regueiro da Lagoa.

USOS DO SOLO
Predomina o uso residencial e urbano, pola presenza do ncleo de Arcade. Os usos agrcolas das partes mis prximas costa e ao ltimo tramo do ro, hoxe en da seguen sendo notables, especialmente os dedicados vide, alternados cos fenmenos residenciais que impulsou o crecemento do ncleo de Arcade. Cara ao norte e sur da unidade, os altos das Cavadas e A Peneda estn cubertos por formacins vexetais costeiras e matogueira de substitucin respectivamente. No que respecta aos usos da enseada, destaca o marisqueo.

AS UNIDADES LITOLXICAS
Trtase dunha unidade conformada basicamente por granitos de feldespato alcalino con facies de gran medio a fino. A monotona litolxica da unidade vese interrompida tan s polos depsitos de marisma da zona do esteiro do Verdugo, que se continan nas ribeiras do seu leito xusto na desembocadura.

MORFOLOXA
Os dous asentamentos de referencia que tradicionalmente existiron nesta unidade son os da Ponte, tamn coecido como Pontesampaio (vertente norte do Ro Verdugo, Concello de Pontevedra) e A Calle (vertente sur do Ro Verdugo, Concello de Soutomaior), a ambos os dous lados do Ponte de Sampaio. A primeira mantivo a sa fisionoma relativamente inalterada, cunha estrutura compacta aos ps da ponte que vai perdendo compactidade conforme se estende a edificacin pola parte baixa da ladeira sueste do Monte das Cavadas. O ncleo da Calle, pola contra, foi absorbido polo crecemento lineal que ao longo da PO-264 e a N-550 deu lugar ao ncleo de Arcade, hoxe convertido na principal poboacin da unidade e do Concello de Soutomaior. Apiase nas das vas mencionadas, dende as que creceu cara costa ata a Praia do Muelle cunha tipoloxa predominante de bloque lineal en altura. Ambos os dous ncleos son considerados Ncleos de Identidade Litoral.

A DIVERSIDADE CLIMTICA
Unidade includa principalmente no dominio Clido e Hmido con valores anuais medios de temperatura por enriba dos 15 C e entre 1200 mm e 1400 mm de precipitacin. A amplitude trmica anual non supera os 13,5C. As reas montaosas dos extremos norte e sur do esteiro inclense na variante Moi Hmida do ambiente climtico xa que acumulan valores medios de precipitacin entre 1400 mm e 1600 mm.

OS SOLOS
Gran parte dos solos da parte costeira da unidade son antrosoles relacionados coa expansin urbanstica sobre todo ao redor do ncleo de Arcade. A sedimentacin fluvio-maria deu lugar a solos costeiros lamacentos de tipo sapropel na chaira intermareal e arenosoles e fluvisoles tinicos e slicos en pequenas reas de marisma das ribeiras do ro Verdugo e na desembocadura. Na parte baixa do val principal as pendentes son pouco pronunciadas e permiten a formacin de solos profundos e frtiles do tipo cambisol dstrico ou cambisol gleico en situacins de intensa hidromorfa. Os maiores desniveis condicionan a edafoxnese ata o punto de formar solos pobres do tipo umbrisol dstrico-lptico ou regosol, de pouco espesor que se localizan fundamentalmente nas reas montaosas do norte e sur da unidade.

INFRAESTRUTURAS DE MOBILIDADE
As vas mis importantes que atopamos na unidade percrrena en sentido lonxitudinal, en direccin norte-sur e prximas costa. Tanto a PO-264 como a N-550, de trazado practicamente paralelo, como a va de ferrocarril, cruzan o ro Verdugo nun punto moi prximo sa desembocadura, e articulan a maior parte do crecemento, o tradicional e o mis recente, ao longo do seu trazado. Unha serie de vas secundarias, apoiadas nos camios agrarios tradicionais, transcorren paralelas ao ro na vertente norte e sur deste, garantindo as conexins transversais co interior continental dende este punto da costa. O porto de Arcade combina os usos tursticos de recreo co labor produtivo e de transporte dos portos tradicionais.

AS AUGAS
O ensanchamento do ro Verdugo cara sa desembocadura, nas Augas de Transicin 20472, e a superficie de esteiro que orixina, representa o elemento hidrolxico de mis interese da unidade. O arroio dos Muos, ao norte e na marxe dereita do ro, recolle e canaliza as augas de escorrenta dos relevos do norte antes de tributar ao ro principal. Polo sur, o arroio de Lagos o afluente mis destacado.

PATRIMONIO HISTRICO
A Ponte Sampaio, de orixe medieval, constite un dos principais elementos patrimoniais, fxose famosa tras a vitoria dos aldens nunha batalla contra as tropas francesas a principios do S. XIX. No ncleo de Santa Mara da Ponte atopamos numerosos elementos catalogados, entre os que destacan a igrexa parroquial, varias casas, cruceiros e outros elementos etnogrficos. No que hoxe Arcade destaca a Igrexa parroquial de Santiago, construcin romnica de finais do s.XII, as como un conxunto de sete muos na Devesa, e varios petos, cruceiros e casas catalogadas. Entre os elementos de patrimonio contemporneo catalganse a antiga fbrica de Carburos, a Ponte de Ferro e a Estacin de Ferrocarril. O Camio Portugus de Santiago percorre esta unidade de sur a norte, entrando por Arcade, atravesando a Ponte Sampaio e o ncleo tradicional da Ponte para continuar cara a Pontevedra.

O PATRIMONIO NATURAL
Unidade de fondo de esteiro e desembocadura fluvial. S a lia exterior de costa, dende a ponte nova de Ponte Sampaio cara a fra est includa no LIC Enseada de San Simn. Na fronte costeira aparecen os bancos lamacentos e/ou areosos intermareais e submareais superficiais (1110 e 1140), e unha pequensima rea de marisma (Grupo 13) no fondo da Enseada de Pieiro. O resto da lia de costa est profundamente transformada. O interior da unidade, co asentamento de Soutomaior e algns solos de uso industrial non ofrece valores ecolxicos destacables. A destacar s algns restos de bosques de ribeira maduris (91E0) no Ro Verdugo, algunha masa ripcola no arroio que ascende ao oeste de Ponte Sampaio, e as breixeiras secas europeas (4030) e pendentes rochosas con vexetacin casmoftica (grupo 82) que, con maior ou menor degradacin, se distriben polos cumes das Cavadas, no extremo norte da unidade.

O CARCTER E A ORGANIZACIN ACTUAL


Paisaxe de esteiro que se singulariza pola escasa apertura do ro, xa que mantn o seu leito relativamente continuo ata case a desembocadura. Os potentes fitos xeogrficos que enmarcan o territorio delimitan unha paisaxe caracterizada polas construcins en socalco do que noutro tempo foron terras de cultivo e hoxe acollen sobre todo desenvolvementos residenciais. Tradicionalmente o ncleo da Ponte, na marxe norte da Ponte de Sampaio, funcionaba como asentamento de referencia para o contorno. As vas de comunicacin que estruturan o conxunto (tanto rodadas como ferroviarias), concentradas cara ao litoral e cunha marcada traza paralela a este, organizaron a maior parte do crecemento urbano da zona, desprazando esta importancia ao ncleo de orixe recente de Arcade, posicin que se viu reforzada coa construcin do porto.

DINMICA DA PAISAXE
A importancia histrica que tivo o cultivo nesta zona, especialmente o de uva albario na terra e o da ostra na auga, non sufriu un retroceso excesivo co paso do tempo e a modificacin dos patrns de ocupacin do territorio. A creacin da estacin de ferrocarril de Arcade e a posterior concentracin de servizos, pequenas industrias e mellores infraestruturas impulsou un ncleo ao sur do ro Verdugo que acabou por arrebatarlle a primaca territorial ao da Ponte, tradicionalmente de maior peso demogrfico e econmico. Isto levou consigo a transformacin de gran parte de terras que antes se consagraban a usos agrcolas a parcelas urbanas ou residenciais, unha evolucin que na vertente norte do ro foi moito menos acusada.

RISCOS E IMPACTOS
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

3. AVALIACIN
VALORACIN DA PAISAXE
Territorio que mantn ben conservados, e moitos deles anda en uso, os socalcos tradicionais de cultivo de vide albario, que contriben a construr unha interesante paisaxe socalcada que chega en ocasins ata a mesma lmina de auga do ro. Tamn conserva numerosos elementos patrimoniais, entre os que son especialmente valiosos os exemplos de arquitectura etnogrfica tradicional, polas poucas alteracins estruturais e morfolxicas que sufriron, e aquelas construcins de enxeara mis recentes, como a estacin ou a ponte metlica do tren. As illas de Menda e o Illote do Castelo, xunto coas praias de Matilde e do Muelle e a Enseada de Pieiro supoen os elementos mis salientables da fronte litoral da unidade. Dende o porto de Arcade xranse unhas conexins visuais con todo o fondo da parte interior da ra de Vigo (Enseada de Rande), protexida como LIC Enseada de San Simn da Rede Natura 2000 da Unin Europea. Outro lugar de acceso a panormicas de grande amplitude e calidade o alto da Peneda, que ademais se constite como un fito paisaxstico de identidade da unidade. Dende este punto xa acondicionado como miradoiro, a visual alcanza o val do ro Verdugo cara ao norte e o leste, xunto con todo o perfil interior da ra de Vigo.

4. PLANIFICACIN
OBXECTIVOS DE CALIDADE PAISAXSTICA
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

ACCINS
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

MBITOS DE RECUALIFICACIN
Nesta unidade non se contemplan posibles mbitos de recualificacin.

You might also like