You are on page 1of 5

Isamil

1. EMPRAZAMENTO

DATOS XERAIS Comarca: Ras Baixas. Sector: Ra de Vigo. Municipio: Moaa. Parroquias: Santa Eulalia de Meira e San Pedro de Domaio nunha pequena franxa ao leste. Extensin: 1,18 km2.

06_07_382

2. CARACTERIZACIN
ELEMENTOS NATURAIS ELEMENTOS ANTRPICOS

AS FORMAS DO RELEVO
Vertente costeira desenvolvida sobre a ladeira meridional do alto de Solos de Grix situado a uns 345 m snm. O relevo, modelado sobre substrato grantico, deu lugar a valgadas de escasa significacin e a unha secuencia de pequenas elevacins que dan paisaxe un aspecto ondulado. A fronte costeira, parcialmente modificada pola expansin urbana e as infraestruturas portuarias, presenta tramos de acantilados baixos e enclaves sedimentarios como a praia da Borna ao oeste da Punta da Moa.

USOS DO SOLO
O solo de uso forestal que ocupa as ladeiras montaosas, atpase afectado polos incendios acaecidos recentemente. A franxa costeira presenta construcins residenciais agrupadas en pequenos ncleos, as como outras edificacins dispersas que rompen a continuidade da masa arborizada. A fronte litoral presenta fenmenos industriais relacionados co sector pesqueiro e a industria conserveira. A existencia de bancos marisqueiros e de polgonos de bateas mexilloeiras permite o aproveitamento marisqueiro e relaciona este uso coa industria conserveira da unidade. Existe tamn un reducido peirao para embarcacins de recreo e numerosos espigns que dan servizo actividade industrial desenvolvida. Sinalar a presenza dunha depuradora de augas residuais nesta fronte costeira.

AS UNIDADES LITOLXICAS
A unidade est formada por granitoides de afinidade alcalina, concretamente por granitos de feldespato alcalino que na zona da enseada da praia da Borna, presenta unha gran fragmentacin, o que permite este accidente do relevo. Estes granitos recocense ademais, por presentar facies de gran medio a fino. Nos extremos da unidade, tanto ao leste como ao oeste, recocense bordos de materiais metamrficos dispostos en estreitas bandas; ao oeste gneises de biotita, e paragneises con plaxioclasa e biotita e micaxistos ao leste.

MORFOLOXA
Os ncleos de carcter rural da Gua, Isamil e do Latn sitanse na fachada costeira, aproveitando que esta rea presenta o relevo menos accidentado da unidade. A tipoloxa predominante de vivendas unifamiliares illadas anda que con gran variedade nos patrns construtivos. Obsrvanse procesos de urbanizacin recentes que non responden ao modelo ocupacin existente.

A DIVERSIDADE CLIMTICA
Precipitacins acumuladas entre 1200 mm e 1400 mm anuais, temperatura media superior a 15 C e amplitude trmica media que vara entre 12,5C e 13,5C durante o ano. Rxime ombrotrmico Clido e Hmido, derivando a Moi Hmido na cabeceira da unidade (1400 mm-1600 mm).

OS SOLOS
Unidade con dominio dos solos pouco desenvolvidos, de escaso espesor e apenas un horizonte humfero, moi afectados pola dinmica erosiva da vertente, fundamentalmente regosoles e leptosoles lticos nos que abundan os afloramentos do substrato rochoso. Na lia de costa aparecen antrosoles resultado das transformacins que trae consigo o fenmeno urbanstico e as actividades industriais.

INFRAESTRUTURAS DE MOBILIDADE
A estrada PO-551 que bordea o perfil costeiro da pennsula do Morrazo acta como eixe principal da rede viaria xunto va CRG-4.1. A rede secundaria confrmana estradas que enlazan as vivendas dos ncleos existentes. A existencia de pistas forestais permite o acceso zona montaosa. Existen pequenos peiraos para embarcacins de tipo recreativo.

AS AUGAS
Nas inmediacins da praia da Borna, nas Augas Costeiras 20158, chegan dous dos arroios principais que conforman a rede hidrogrfica da unidade, procedentes de P da Moa, principal elevacin montaosa, situada ao norte.

PATRIMONIO HISTRICO
Dentro do patrimonio cultural atopamos algn elemento da arquitectura relixiosa como a capela da Peregrina na Gua. Do patrimonio arqueolxico destaca o complexo rupestre de Borna, o petroglifo de Solo do Caeiro e a Mmoa de Fanaqueira.

O PATRIMONIO NATURAL
Unidade profundamente transformada, tanto na fronte costeira como na vertente traseira. Usos industriais e forestais anulan o potencial ecolxico de acantilados, praias pegadas e ladeira. S os afloramentos de rocha entre os eucaliptais achegan un ambiente do grupo 82 de hbitats, pendentes rochosas con vexetacin casmoftica, aparecendo entre eles superficies de breixeiras secas europeas (4030) con visible degradacin na composicin vexetal.

O CARCTER E A ORGANIZACIN ACTUAL


Paisaxe que presenta un alto grao de antropizacin. A presenza continua da masa arborizada viuse interrompida polos incendios nas ladeiras montaosas, e na franxa costeira pola presenza de fenmenos residenciais e actividades industriais. Estas actividades relacionan a unidade co carcter marieiro tradicional do Morrazo, xa que a lia costeira acolle parte do tecido industrial vinculado co sector martimo pesqueiro que se desenvolve en Moaa. Este marcado contraste entre a fronte litoral e o interior montaoso queda delimitado polo trazado da estrada PO-551.

DINMICA DA PAISAXE
Aprciase un forte dinamismo na primeira franxa costeira, presentando unha profunda alteracin debido ao proceso de expansin dos asentamentos de carcter rural e presenza de grandes volumes de tipo industrial que introducen grandes tensins na visin desta paisaxe, acentuadas ademais cos recheos realizados na enseada litoral. A degradacin das ladeiras montaosas faise notoria pola erosin, coa consecuente perda de solo e de cobertura vexetal que provocaron os incendios forestais; a recente construcin da va do Morrazo incorpora ademais a fragmentacin desta paisaxe montaesa.

RISCOS E IMPACTOS
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

3. AVALIACIN
VALORACIN DA PAISAXE
A lia de costa presntase modificada coa actividade industrial, os recheos e as infraestruturas de tipo portuario. Resalta esta gran variedade de texturas fronte continuidade que ofrecen os planos prximos que forman a montaa ao fondo e a enseada nun primeiro plano. A estrada PO-551 de Vilaboa acta como unha barreira artificial que delimita o contraste da intensa ocupacin da franxa costeira, fronte ao carcter mis montas que outorga o fondo escnico. Os puntos mis elevados destas ladeiras superan os 300 metros de altitude e permiten amplas panormicas da Ra de Vigo e do horizonte mario, os polgonos de bateas mexilloeiras incorporan un elemento pintoresco e dotan de profundidade escnica a visin desta paisaxe. Consguense excelentes visins deste conxunto dende A Fanaqueira.

4. PLANIFICACIN
OBXECTIVOS DE CALIDADE PAISAXSTICA
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

ACCINS
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

MBITOS DE RECUALIFICACIN
Nesta unidade non se contemplan posibles mbitos de recualificacin.

You might also like