You are on page 1of 5

Enseada de Barra

1. EMPRAZAMENTO

DATOS XERAIS Comarca: Ras Baixas. Sector: Ra de Vigo. Municipio: Cangas. Parroquias: Santo Andr de Ho. Extensin: 5,07 km2.

06_07_375

2. CARACTERIZACIN
ELEMENTOS NATURAIS ELEMENTOS ANTRPICOS

AS FORMAS DO RELEVO
Fronte costeira sedimentaria caracterizada pola presenza dunha sucesin de praias separadas por puntas rochosas (puntas Promontorio e Mexilloeira) que configuran en conxunto un gran complexo areoso no fondo da Enseada da Barra. O aspecto mis significativo a prolongacin do manto sedimentario que queda pegado na vertente traseira, chegando a alcanzar distancias superiores a 500 m da lia de costa nalgns sectores. A vertente continental ten unha pendente suave a moderada sobre as ladeiras dos montes granticos que pesolo a unidade e que configuran na sa cabeceira un relevo ondulado no que predominan os afloramentos rochosos como resultado da intensa dinmica erosiva.

USOS DO SOLO
En superficie dedicada, predomina un uso forestal, pero non asociado a masas de repoboacin, que son residuais, senn a masas mixtas, maioritariamente de Pinus pinea, que van fixando o manto elico que ascende cara aos montes que pesolo a unidade no seu extremo norte. O uso agrcola, con cultivos forraxeiros, froiteiros e viedos, concntrase no contorno dos principais ncleos rurais de poboacin, Donn e Nerga, con menor importancia ao redor do asentamento de Vio. Non obstante o uso protagonista da unidade o vinculado ao aproveitamento turstico das praias desenvolvidas na enseada de Barra, con acceso rodado e grande afluencia. Os bancos areosos intermareais da propia enseada son obxecto do uso marisqueiro, con mergullo e embarcacin.

AS UNIDADES LITOLXICAS
Anda que os materiais metamrficos do Complexo de Cabo Home - A Lanzada estn presentes nunha pequena zona do extremo sudoccidental desta grande unidade, o mis caracterstico son os depsitos cuaternarios que ocupan a enseada, e o substrato gneo de afinidade alcalina que ocupa o resto. As rochas gneas son fundamentalmente granitos de feldespato alcalino; mentres que os depsitos cuaternarios da Enseada de Barra poden clasificarse en areas de praia, os mis prximos ao mar, e en campos de dunas a lia seguinte cara ao interior.

MORFOLOXA
O maior desenvolvemento dos solos na vertente traseira do complexo sedimentario posibilitou que se implantasen ncleos rurais fundacionais de carcter tradicional, Donn, na ladeira do monte Facho e seguindo unha estrutura radial segundo a va, e Nerga, na correspondente do monte Castro e cunha estrutura mis compacta. En ambos os dous producronse crecementos de carcter rural, pero tamn crecementos de vivendas unifamiliares illadas desvinculadas dos usos rurais e sen funcins urbanas, especialmente en Nerga, por estar mis prximo praia do mesmo nome e tamn no lugar de Vio, en direccin a esta. Unha estrada provincial articula o acceso aos ncleos principais, e a rede de numerosas pistas locais. En xeral a estrutura do parcelario mstrase oculta tras as formacins forestais e areosas, ags no mbito dos ncleos onde se observa o elevado minifundismo caracterstico da propiedade en Galicia.

A DIVERSIDADE CLIMTICA
Complexo sedimentario e val inclense no dominio climtico Clido e Hmido: temperatura media anual maior de 15 C e oscilacin trmica ao redor a 13 C; precipitacins entre 1200 mm e 1400 mm anuais. A cabeceira da unidade (montes do Facho e Facho de Ho) forma parte do ambiente climtico Clido e Moi Hmido xa que acumula entre 1400 mm e 1600 mm de precipitacin ao ano.

OS SOLOS
Importante presenza de arenosoles lbicos e hplicos nos depsitos cuaternarios do amplo complexo sedimentario. A vertente traseira ten un primeiro tramo de pendente suave a moderada no que os solos alcanzan maior espesor e desenvolvemento, sendo sobre todo cambisoles dstrico-mbricos. Onde a inclinacin da pendente superior frmanse solos pobres do tipo regosol ou leptosol ltico nos que aumenta a porcentaxe de superficie ocupada polos afloramentos do substrato rochoso, como sucede na aliacin montaosa da cabeceira da unidade, entre os montes Facho e Castro.

INFRAESTRUTURAS DE MOBILIDADE
A comunicacin da unidade co resto do seu contexto realzase a travs dunha va provincial que conecta os ncleos existentes e a praia, coa va autonmica PO-315, no mbito de Igrexario, o centro parroquial de Ho, xa fra desta unidade, e de aqu coas restantes vas de maior capacidade. As mesmo figura unha densa rede de pistas locais e sendas sobre o complexo sedimentario.

AS AUGAS
A Enseada de Barra, nas Augas Costeiras de Cangas (20157), a rea de desembocadura das augas de escorrenta da unidade, que se distribe en varios arroios, dos cales o mis destacado o arroio de Donn, que desemboca ao oeste da praia de Barra. Outros cursos de auga menores sitanse no resto da cunca, especialmente na praia de Nerga.

PATRIMONIO HISTRICO
Esta unidade presentou un elevado grao de ocupacin humana xa dende os tempos prerromanos, como evidencian os restos arqueolxicos de numerosos asentamentos, unha vila e dous castros (no cume dos montes O Facho e Castro), localizados maioritariamente nas traseiras do complexo sedimentario. Figuran ademais mostras de petroglifos e dunha salina na praia de Nerga. O gravado rupestre de As Cortes posee declaracin de Ben de Interese Cultural. Entre todos estes elementos preciso destacar o castro galaico do Facho, pois asociado a el, no cumio deste monte se erixiu un santuario que, coa conquista romana pasara a latinizarse e render culto a Bero Breo un deus galaicorromano domstico moi descoecido. O santuario estivo activo entre os sculos II e IV d.C., sendo un gran centro de peregrinacin, co maior nmero de aras achadas en ningn depsito. Esta herdanza foi transmitida igrexa de Santo Andr do Ho, sendo o destino dunha peregrinacin de grande intensidade que chegara ata os anos trinta do sculo pasado.

O PATRIMONIO NATURAL
Pertence ao IBA Contorno mario das Ras Baixas e o complexo sedimentario ao LIC Costa da Vela. unha unidade sedimentaria, o maior conxunto dunar do sur de Galicia. Fronte con bancos areosos intermareais e submareais superficiais (hbitats 1110 e 1140). As dunas presentan os hbitats do grupo 21, dunas martimas atlnticas, con potencialidade para o 2230, dunas mediterrneas con cspedes de Malcolmietalia. Nos extremos da superficie dunar dous arroios forman pequenas zonas hmidas intradunares. Na parte central e centro oeste do conxunto areoso aparecen formacins pequenas e abertas do hbitat 2270, Dunas con bosques de Pinus pinea e/ou Pinus pinaster, neste caso de Pinus pinea. Fra das dunas, os regueiros citados presentan pequenas masas ripcolas (91E0), en carcter mixto, sumadas a algunhas agrupacins de recolonizacin como as existentes nas reas agrcolas en proceso de abandono de Donn e Nerga. Grupo de hbitats 82, pendentes rochosas con vexetacin casmoftica nas elevacins do norte.

O CARCTER E A ORGANIZACIN ACTUAL


A enseada de Barra achgalle un carcter pasivo, sedimentario, ao litoral predominantemente agreste da Costa da Vela. Asociado natureza do complexo areoso da unidade prevalece o aproveitamento turstico das praias e potencialmente dos recursos do patrimonio arqueolxico, en especial do santuario de Bero Breo no monte O Facho, polo que se xuntaran os caracteres natural e cultural. A paisaxe organzase ao redor do areal do sistema praia-duna de Barra e a cadea de montes que enmarcan polo norte a unidade e a travs do cal avanza o manto elico. Na vertente traseira deste complexo e nas ladeiras dos montes do Facho e Castro onde se asentaron os ncleos fundacionais.

DINMICA DA PAISAXE
Os procesos que configuraron esta unidade son os xeomorfolxicos da dinmica litoral, en gran parte, tratndose polo tanto dos procesos de carcter natural. Ademais pdese destacar unha maior densificacin da masa arborizada colonizando o manto areoso do complexo sedimentario, as como un proceso de naturalizacin de reas de cultivo do mbito dos ncleos de Donn e Nerga que estn a ser abandonados e absorbidos polos bosques de recolonizacin. Por outra parte, anda que o vial tradicional se segue mantendo en gran parte, produciuse un aumento significativo da presin turstica sobre as praias, especialmente de tipo residencial, co crecemento de vivendas unifamiliares illadas desvinculadas das funcins rurais e urbanas, e co acondicionamento dun aparcadoiro e a implantacin de dotacins para dar servizo aos usuarios da praia.

RISCOS E IMPACTOS
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

3. AVALIACIN
VALORACIN DA PAISAXE
Os valores xeomorfolxicos e ecolxicos sentan as bases do carcter da unidade da enseada de Barra, figurando o seu complexo sedimentario como o maior conxunto dunar do sur de Galicia. O resultado do devir do tempo sobre esta paraxe evidencian estes valores naturais que foron recoecidos a escala autonmica e comunitaria coa sa inclusin na Zona de especial proteccin dos valores naturais e o Lugar de interese comunitario da Rede natural 2000, Costa da Vela, respectivamente. Por outra banda, na unidade coexisten uns valores arqueolxicos singulares asociados especialmente ao castro do Facho e ao santuario de Bero Breo, como lugar de peregrinacin durante a poca galaico-romana, que posteriormente foi transmitida a Santo Andr, sa igrexa parroquial situada nunha unidade vecia. Para a contemplacin da unidade seleccionronse dous puntos de observacin. Un deles no alto do monte O Facho a 184 metros de altitude, nos restos do santuario que posteriormente foi utilizado como posto de vixilancia martima con fins militares; e o segundo no punto mis elevado da unidade, o monte do Ho, con 241 metros de altitude. Dende ambos os dous lugares pdese observar tanto toda a unidade, como as Illas Atlnticas cara ao horizonte occidental e, se a meteoroloxa o permite, a costa de Vigo de cara ao horizonte suroriental. O primeiro engdelle a panormica do perfil costeiro do acantilado da Costa da Vela, mentres que o monte O Ho permite unha visin da unidade contextualizada polos salientes rochosos que a enmarcan. Destacar por ltimo as vistas dende a praia da Barra, lugar que podra ser un bo punto de observacin.

4. PLANIFICACIN
OBXECTIVOS DE CALIDADE PAISAXSTICA
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

ACCINS
A completar durante a elaboracin dos catlogos e directrices da paisaxe litoral.

MBITOS DE RECUALIFICACIN
Crecemento residencial do mbito do ncleo de Nerga e a praia do mesmo nome, desvinculado das funcins urbanas e rurais, co obxecto de integrar os baleiros como elementos xeradores de trama ou estrutura fsica e funcional, minimizar a presin sobre a praia e mellorar deste modo a calidade escnica e ambiental deste lugar.

You might also like