You are on page 1of 6

AERFONOS TRADICIONAIS DE LINGETA SINXELA E SOPRO DIRECTO Por Pablo Carpintero

Tecnicamente estes instrumentos reciben tamn a denominacin de clarinetes. Atendendo material con que son fabricados sobreviven en terras galegas dous tipos diferentes, uns fabricados con talos de gramneas, sempre idioglotos 1 , e outros feitos de madeira ou cana, podendo ser idio ou heteroglotos. O primeiro tipo, que aparece por toda Galicia, correspndese con instrumentos fabricados con pallas de centeo, avea ou trigo. A sa denominacin vara dunhas zonas a outras. Temos documentadas as seguintes: gaitas de alcacn, gaitas de centeo ou gaitas de avea na maior parte de Galicia; pipas de alcacn nas zonas montaosas do oriente galego e

esporadicamente noutros lugares e, por ltimo, pveas, nome que aparece soamente na zona de Mondoedo (provincia de Lugo). Posto que por razns varias o apelativo "pipas de alcacn" parece ser o mis primitivo, empregarmolo para referirnos a este tipo de clarinetes fabricados con talos de gramneas. Como xa dixemos, estes instrumentos aparecen por toda a xeografa galega, incluso nas zonas onde se empregan decote as gaitas ou pipas de castieiro. Son instrumentos que serviron tamn para a aprendizaxe de

Os clarinetes idioglotos son aqueles nos que a lingeta est tallada no mesmo tubo cantor. Por contraposicin, heteroglotos son aqueles instrumentos nos que posible separar a lingeta do tubo cantor, podendo estar feita do mesmo ou diferente material que este.

multitude de vellos gaiteiros, de feito, nin un s dos informantes entrevistados descoeca como fabricalos e tocalos. A este respecto debemos resear, a ttulo de curiosidade, que no norte de Portugal os gaiteiros descoecen as pipas de alcacn, sendo esta unha das escasas caractersticas que os diferencian dos gaiteiros galegos. Non ocorre as cos gaiteiros sanabreses, leoneses e asturianos, que coecen perfectamente estes instrumentos musicais. Para fabricar unha pipa de alcacn escllese, preferentemente, o talo dunha planta de centeo xusto cando comeza a espigar, posto que neste momento cando a palla acada unha maior firmeza. O trigo, a avea ou outras gramneas silvestres, anque aptas tamn para a sa fabricacin, resultan en instrumentos bastante mis frxiles e menos duradeiros. O tubo cantor das pipas de alcacn, fabrcase co espacio que queda entre dous ns da palla. Normalmente teen uns 15-20 cm de lonxitude por 4-5 mm de dimetro. Na parte superior, aquela que se introduce na boca, dixase intacto o n da palla; a uns 2.5 cm del, e con axuda dunha navalla ben afiada, practcase unha incisin perpendicular palla e levntase unha pequena lingeta que ser a encargada de producir o son soprar a travs dela. A lingeta tamn pode ser practicada xeito inverso, dicir, practicando a incisin a uns milmetros do n e levantando a lingeta cara parte inferior do instrumento. O n da parte inferior do instrumento sempre eliminado, quedando as aberta a pipa de alcacn polo extremo oposto que porta a lingeta. No tubo cantor as fabricado perfranse seis, sete ou oito furados tonais axudndose dunha navalla e tomando como distancia aquela que marcan os dedos

pousados de xeito natural sobre o instrumento. En caso de ser oito os furados o primeiro deles practcase na cara posterior do instrumento e tpase co matapiollos da man esquerda. O instrumento afnase abrindo os furados ata acadar o ton desexado. Normalmente escllense escalas semellantes s das gaitas de fol. As pipas de alcacn son quen de reproducir, se son fabricadas coa suficiente destreza, calquera tipo de meloda propia das gaitas de fol ou do canto tradicional.

Pipas de alcacn.

Na comarca de Bergantios (A Corua) temos documentada unha variante moi curiosa deste tipo de instrumentos. Trtase de pipas de alcacn dotadas dun bordn fabricado do mesmo xeito que o tubo cantor, mais sen furados tonais. Este segundo tubo introducido na boca do tocador mesmo tempo que o tubo cantor (ver fotografa), adoptando unha disposicin diverxente. Outro instrumento semellante aparece na zona de Mondoedo (Lugo) baixo a denominacin xeneral de pveas. Aqu, o tubo cantor e o bordn son xunguidos de xeito paralelo mediante fo de coser e introducidos xuntos na boca do msico. Tanto neste caso como no anterior, o bordn emite a tnica do

cantor na sa mesma oitava e para afinalo convenientemente vaise recortando a sa lonxitude ata que a nota emitida a adecuada. Ambos instrumentos son dobres clarinetes idioglotos.

Tocador de pipa de alcacn dobre. Bergantios, A Corua.

Pvea da Maria Central.

O segundo tipo de clarinetes primitivos, aqueles fabricados de madeira, aparecen distribudos por toda Galicia ags nas montaas do oriente de Lugo e Ourense. Denomnanse xenericamente gaitas e valeron tamn como

instrumentos de aprendizaxe para futuros gaiteiros, ademais proporcionar solaz a moitos nenos e nenas, como ocorre con tdolos instrumentos que vimos de describir. As gaitas consisten en tubos de cana ou sabugueiro 2 (ambas madeiras teen un furado interno natural) nos que se practican de catro a oito buratos tonais (no caso de ser oito os furados, o primeiro sempre posterior). O lugar dos buratos elxese polo procedemento que xa vimos explicando e son practicados coa axuda dun ferro quente, abrndoos mis ou menos segundo a afinacin que se queira conseguir. O son acdase merc a unha lingeta sinxela que ben pode ser labrada directamente no corpo do instrumento (clarinetes idioglotos, como as pipas de alcacn) ou ben ser fabricada parte e acolada extremo superior do instrumento (clarinetes heteroglotos, semellantes s cantores de moitas gaitas de fol do oriente europeo). No caso das gaitas heteroglotas as lingetas adoitan a ser elaboradas do mesmo material que o tubo cantor, mais por veces poden ser feitas de outro diferente; as, frecuente acolar lingetas labradas en pallas de centeo ou trigo a finos tubos de cana, fornecer con lingetas de sabugueiro instrumentos feitos de cana e viceversa.

Esta rbore recibe noutras zonas de Galicia o nome de bieiteiro.

As gaitas tipo clarinete fabricadas de madeira constan sempre dun s tubo cantor; por agora non temos atopado ningn rastro de clarinetes dobres fabricados de cana ou madeira en Galicia, anque a existencia destes instrumentos fabricados con pallas, indica que nalgn tempo ben puideron existir. Para rematar unicamente comentar que con istes sinxelos instrumentos cos que a maior parte dos nosos vellos gaiteiros comezaron a tocar. Normalmente os nosos vellos comezaban a fabricar estes aerfonos entre os oito e os doce anos, moitas veces xuntndose con outros nenos aficionados msica, formando pequenos conxuntos. Unha vez que adquiran destreza suficinte no manexo das pipas de alcacn, e se o arte musical se lles daba ben, deseguida pasaban a tocar nunha gaita de fol. Esta gaita de fol era frecuentemente fabricada tamn polos propios nenos, empregando vinchas de porco curtidas e uns tocos de cana ou sabugueiro, eran pois gaitas de fol con cantores de lingeta sinxela, instrumentos dos que falaremos noutro artigo. Tamn foi frecuente que dende as pipas de alcacn se pasase directamente emprego de gaitas de fol propiamente ditas.

You might also like