You are on page 1of 34

Noa Piñeiro, 2011 ®

para Academia Zeus Lugo


noapineiro@hotmail.com

Queda totalmente prohibida cualquier copia o reproducción,


retransmisión, cesión o redifusión, total o parcial y por cualquier
medio del contenido de este cuaderno.
ESTRUCTURA DE LA PRUEBA:
.
COMENTARIO DE TEXTO
o
DESARROLLO DE UN TEMA DE ACTUALIDAD
OPCIÓN A
COMENTARIO DE TEXTO (actualidad)
COMENTARIO DE TEXTO SOBRE UN
TEMA DE ACTUALIDAD

1. TEXTO (normalmente se trata de un tema periodístico)


2. PREGUNTAS:
a. Breve resumen redactado del texto (2 puntos).

b. Esquema de la estructura del texto en el que se visualicen las


distintas partes y sus contenidos (2 puntos).

c. Efectúe un comentario crítico personal que atienda a los


siguientes aspectos (máximo 6 puntos):

• Crítica razonada de las ideas expuestas en el texto.


• Valoración de la forma de exposición elegida por el autor.
• Importancia y vigencia del tema.
1. O TEXTO
Como me enfronto a un texto?

 Debemos ler atentamente o texto e intentar comprender todas as


palabras, termos e conceptos que non coñezamos. Non imos ter á nosa
disposición un dicionario, pero aínda así, o contexto e a nosa bagaxe
cultural pódennos axudar moito.
 Nunha primeira lectura farémonos unha idea xeral sobre o que se di no
texto, pero é necesario que releamos as veces que faga falta ata
comprender todo o texto á perfección.
 Debemos apuntar nas marxes do texto (calquera idea que se nos
ocurra), subliñar, facer raias, frechas, dividir o texto e o que necesitemos
para evitar ter que estar relendo todo cando esteamos escribindo e para
que se vaia formando unha idea clara sobre o texto na nosa mente.

 Se hai palabras, termos ou conceptos que non entendemos, non debemos


desgustarnos. Simplemente, intentaremos seguir adiante co noso exame
intentando que non se noten demasiado as nosas carencias.
COMENTARIO DE TEXTO SOBRE UN
TEMA DE ACTUALIDAD

1. TEXTO (normalmente se trata de un tema periodístico)


2. PREGUNTAS:
a. Breve resumen redactado del texto (2 puntos).

b. Esquema de la estructura del texto en el que se visualicen las


distintas partes y sus contenidos (2 puntos).

c. Efectúe un comentario crítico personal que atienda a los


siguientes aspectos (máximo 6 puntos):

• Crítica razonada de las ideas expuestas en el texto.


• Valoración de la forma de exposición elegida por el autor.
• Importancia y vigencia del tema.
2. AS PREGUNTAS
RESUMEN (2 puntos):

a. RESUMEN REDACTADO DO TEXTO (2 puntos)


Como facemos o resumo?
O resumo consiste en reducir de xeito breve, claro e preciso o contido esencial dun
texto eliminando todo o superficial ou secundario.
Nun resumo debemos seleccionar as ideas, feitos, sentimentos, sensacións ou accións
que sexan imprescindibles e básicas, prescindindo do que non sexa relevante. A
extensión adecuada dun resumo depende do tamaño do texto pero, en xeral, non debe
ser maior que o 20 ou o 30% daquel.
Non temos que facer valoracións persoais no resumo, senón redactar de xeito
obxectivo e empregando as nosas palabras, non copiándoas do texto.
Convén ter feito antes unha lectura profunda, un bo subliñado e, mesmo, un esquema
coas ideas principais.
En definitiva,
resumir é reducir un texto mantendo
o esencial e quitando o menos importante.

Para resumir:
1. Lemos con atención o texto as veces que faga falta.
2. Subliñamos as ideas fundamentais do texto.
3. Ordenamos o subliñado e redactamos coas nosas propias
palabras.

  resumo ten que ser breve, pero sen caer no telegráfico. Seis ou oito liñas
O
deben ser suficientes.
 Débense evitar ao comezo apoios do tipo "neste texto dise" "o texto trata
de“, etc.
 A formulación do resumo ten que ser clara e precisa.
 Debe ser obxectivo, é dicir, axustado ao pensamento do autor do texto.
 Non deben aparecer detalles secundarios nin exemplos pormenorizados.
PARA FACER O RESUMO, RECORDA:

NON DEBEMOS 
Ante o problema do botellón, o punto de vista do autor, algo esaxerado,
FACER ten dúas vertentes: por unha parte trata de darnos a coñecer a súa
COMENTARIOS postura ante o tema e por outra critica desmesuradamente e con pouco
acerto aos mozos que practican esa fantástica forma de diversión.

COIDADO COAS
FÓRMULAS FIXAS á 
”Este texto fálanos de…”,
hora de facer o “O autor narra neste fragmento…”
resumo “O fragmento proposto para ser comentado…”

Se amontonaban en los rincones, pasillos y alacenas de la mansión


PROCEDEMENTO ÚTIL: sillas desvencijadas, sillones desfondados, desportilladas
SUSTITUIR POR mesas que antaño mostraron orgullosas sus filigranas de nogal,
HIPERÓNIMOS ébano, teca, roble y otras maderas traídas de allende los mares.

Muebles viejos de maderas nobles se


apilaban por toda la mansión.
EL COSTE DE LA VUELTA AL COLEGIO
En los centros públicos no hay gastos de matrícula pero se paga comedor (entre
PROCEDEMENTO ÚTIL: 35 y 90 €) y transporte (entre 35 y 75 €). En los concertados, los gastos de
matrícula suelen rondar los 100 € y el coste del comedor y transporte es similar
ELIMINAR DATOS E al de los públicos. En cuanto a los privados, el gasto medio por mensualidad
CIFRAS está entre los 220 y los 400 €, según las etapas escolares. El gasto de comedor
se eleva a 120 € y el transporte está en torno a los 100 €.

El coste de la vuelta al colegio es mucho más alto en los


centros privados que en los públicos y concertados.
PROCEDEMENTO ÚTIL:
odos estes adolescentes que, sorprendidos cruelmente polo seu propio organismo
T
REDUCIÓN OU en desenvolvemento con descargas hormonais insospeitadas, mostran un
comportamento huraño e retraído na casa, son os que debuxan o retrato
SUPRESIÓN DE
prototípico do adolescente que aparece nos manuais de psicoloxía.
ADXACENTES LONGOS
s adolescentes huraños constitúen o arquetipo que
O
se estuda nos manuais.

RECORDA, QUE ESTA PARTE VAI


CONTAR, COMO MÁXIMO, 2 PUNTOS
NON PODES PERDER DEMASIADO
TEMPO.
COMENTARIO DE TEXTO SOBRE UN
TEMA DE ACTUALIDAD

1. TEXTO (normalmente se trata de un tema periodístico)


2. PREGUNTAS:
a. Breve resumen redactado del texto (2 puntos).

b. Esquema de la estructura del texto en el que se visualicen


las distintas partes y sus contenidos (2 puntos).

c. Efectúe un comentario crítico personal que atienda a los


siguientes aspectos (máximo 6 puntos):

• Crítica razonada de las ideas expuestas en el texto.


• Valoración de la forma de exposición elegida por el autor.
• Importancia y vigencia del tema.
2. AS PREGUNTAS
ESTRUTURA (2 puntos)

Nesta pregunta o que pretenden é que demostres a túa capacidade de


análise extraendo e xerarquizando as ideas principais do fragmento
mediante un esquema.
COMO FAGO UN ESQUEMA?
es que determinar as ideas principais do texto e xerarquizalas.
T
Xerarquizalas significa ordenalas atendendo ás súas relacións de
importancia e de dependencia

RECORDA, QUE ESTA PREGUNTA


CONTA 2 PUNTOS e aínda queda a
terceira pregunta que vale 6 puntos.
Racionaliza o tempo!!
Dividiremos
esta pregunta en 2
apartados xerais:

Nun texto escrito é a disposición dos


1. ESTRUTURA EXTERNA enunciados en capítulos, apartados e
parágrafos.

1. O ESQUEMA PROPIAMENTE DITO.

2. (UNHA BREVE EXPLICACIÓN SOBRE O


2. ESTRUTURA INTERNA ESQUEMA E A DISTRIBUCIÓN DAS IDEAS).

Distribución e xerarquización 3. DETERMINACIÓN DO TIPO


das ideas do texto. DE ESTRUTURA DO TEXTO.
1. ESTRUTURA EXTERNA:
(fai referencia á forma, non ó contido)

 Non nos estenderemos demasiado nesta sinxela cuestión.


 Chegaría cunha breve referencia á estrutura externa. Este exemplo serviría:
fragmento seleccionado aparece distribuído en catro parágrafos, os tres primeiros de
O
similar extensión e o cuarto algo máis longo. Todos eles aparecen encabezados cun
marcador discursivo (ou conector) que contribúe á lectura organizada do texto: "En
primeiro lugar...", "En segundo lugar,...", "Ademais,...", "En conclusión "...

Se non houbera conectores no texto, chegaría coa alusión aos parágrafos.

 Se o texto que temos que comentar está composto por fragmentos dun
texto maior (normalmente indícasenos con puntos suspensivos (…)),
debemos facelo constar. Mira o exemplo:

A pesar do carácter fragmentario deste texto, marcado claramente polos puntos
suspensivos encerrados entre paréntese, realizouse a análise da estrutura coma se se
tratase dunha unidade textual coherente.
2. ESTRUTURA INTERNA:
fai referencia ó contido

1. ESQUEMA propiamente dito:

IDEA SECUNDARIA
DETALLE
IDEA PRINCIPAL 1
IDEA SECUNDARIA
DETALLE

(TÍTULO) IDEA PRINCIPAL 2


IDEA SECUNDARIA

IDEA PRINCIPAL 3 IDEA SECUNDARIA

2. (Podes explicar brevemente o esquema)


3. DETERMINACIÓN DO TIPO DE
ESTRUTURA DO TEXTO
PRINCIPAIS TIPOS DE ESTRUTURA
 Deductiva
 Inductiva Moitos autores compoñen os
seus textos seguindo un
 Encadrada destes modelos tradicionais.
 Circular
 En paralelo
 Cronolóxica
Varios modelos de
 In medias res
estrutura poderían ser
 Clásica aplicables a un mesmo
 Pirámide invertida texto, sempre que se
 Tormenta de ideas xustifique razoadamente
COMENTARIO DE TEXTO SOBRE UN
TEMA DE ACTUALIDAD

1. TEXTO (normalmente se trata de un tema periodístico)


2. PREGUNTAS:
a. Breve resumen redactado del texto (2 puntos).

b. Esquema de la estructura del texto en el que se visualicen las


distintas partes y sus contenidos (2 puntos).

c. Efectúe un comentario crítico personal que atienda a los


siguientes aspectos (máximo 6 puntos):

• Crítica razonada de las ideas expuestas en el texto.


• Valoración de la forma de exposición elegida por el autor.
• Importancia y vigencia del tema.
COMENTARIO CRÍTICO de TEXTO

 Moitas persoas séntense máis cómodas e seguras


empregando un esquema de comentario fixo e que obedece
a unhas directrices prefixadas pero, debemos ter en conta
que un esquema fixo para un comentario crítico non ten
moito sentido xa que o “prefixado” é contrario ao “crítico”.

 Non debemos permitir que a nosa creatividade e


orixinalidade se vexan limitadas por un esquema de
comentario alleo a nós.

 Aínda así, podemos establecer unhas sinxelas pautas para


elaborar o noso comentario crítico. Vexamos un posible
esquema que nos pode servir de guía:
Un posible esquema de
comentario crítico:

1. Introdución
 Tipoloxía textual: texto xornalístico, literario, científico…
 Formas de elocución (formas de expresar os conceptos): descrición, narración,
diálogo, argumentación…
 Localización

2. Parágrafos centrais do noso comentario


É conveniente ofrecer unha opinión persoal, impresión ou valoración dos datos
ou feitos observados no texto. Para iso, podemos analizar o texto nos
seguintes termos:
actualidade, validez das argumentacións, intención, finalidade, obxectividade,
universalidade, orixinalidade, argumentos omitidos, relación con outros textos,
algunha idea secundaria relevante…

3. Parágrafos de conclusións e peche

Opinión persoal, valoración, recapitulación e peche.


1. INTRODUCIÓN TIPOLOXÍA TEXTUAL
Neste punto deberíamos diferenciar entre os diferentes tipos de textos. Pero,
por norma xeral, no exame vas ter que analizar un texto xornalístico, co que
nos centraremos neste tipo de textos exclusivamente:

OS TEXTOS XORNALÍSTICOS
 DEFINICIÓN: 
é aquela clase de texto que ten como finalidade informar sobre feitos e
temas de interese xeral. A súa función principal é informar pero admite valoracións críticas e
opinións sobre acontecementos, noticias, etc.
 CARACTERÍSTICAS: A súa temática é heteroxénea, trátanse diversos asuntos e
cuestións. O emisor e receptor son (normalmente) colectivos, detrás dunha noticia hai un
equipo que a elabora e a devandita noticia vai dirixida a un grupo xeral de persoas. Cando
se trata dun artigo de opinión o emisor é unha soa persoa.
 TIPOS DE TEXTOS XORNALÍSTICOS:
 
XÉNEROS INFORMATIVOS: S on textos que nos transmiten información coa
maior obxectividade posible (a noticia, a reportaxe e a entrevista).

 XÉNEROS DE OPINIÓN

É POSIBLE QUE NO EXAME TEÑAS QUE COMENTAR UN TEXTO


XORNALÍSTICO DE OPINIÓN. IMOS VER AS CARACTERÍSTICAS E OS TIPOS.
TEXTOS XORNALÍSTICOS DE OPINIÓN

Son textos que ofrecen unha interpretación dos feitos e emiten un xuízo
valorativo sobre un tema. Aquí a linguaxe é moito máis subxectiva.

VEXAMOS OS TIPOS:

1. O editorial: é un texto argumentativo- expositivo que reflicte a opinión dun


xornal ou revista ante un determinado feito. Nunca aparece asinado porque
se supón que é un texto representativo e expoñente da ideoloxía do xornal.
2. O artigo de opinión: é un texto expositivo-argumentativo no cal se
valoran e explican feitos da actualidade. O artigo de opinión asínao un só
xornalista que se fai responsable do dito. É un artigo de grande calidade
literaria, polo que podemos dicir que hai artigos de opinión que son
verdadeiros ensaios.
3. A crítica: é un texto no que se avalían as características dunha película,
función de teatro, libro, etc. Este tipo de texto é elaborado por un periodista
especializado no tema.
4. As cartas ao director: Son textos argumentativos-expositivos que escribe
o lector ao director valorando, criticando ou opinando sobre algún feito.
O máis probable é que o texto que
teñas que comentar sexa:

 En primeiro lugar narrativo: Narrar é contar. A narración é un


tipo de texto no que se contan feitos reais ou imaxinarios. Os
textos periodísticos adoitan ser narrativos.

 Expositivo: explica uns feitos ou fai entender unhas ideas ou


conceptos.

 Argumentativo: argumentar significa defender unha idea ou


unha opinión achegando un conxunto de razóns que
xustifiquen a nosa postura. Como en toda argumentación
podemos distinguir tres elementos: a tese da argumentación (o
obxecto ou tema sobre o que se argumenta), os propios
argumentos que se aportan (ás veces inclúen exemplos) e as
conclusións.
LOCALIZACIÓN:
Debemos localizar o texto dende distintos puntos de vista:

 (SE É UN FRAGMENTO) NA OBRA Á QUE PERTENCE (se xa falamos disto na


estrutura externa, facemos de novo alusión ao mesmo: “Como xa vimos cando
falabamos da estrutura externa do texto, estamos ante unha selección de
fragmentos...)

 NO TEMPO: se o texto é xornalístico, normalmente aparece a data de


publicación. Faremos referencia a ela e, se é un tema de actualidade,
relacionaremos a data co tema. Se é un texto literario debemos situalo no
movemento ao que pertence.

 NO ESPAZO: se o texto é xornalístico, normalmente aparece tamén o periódico


no que se publicou. Debemos sinalalo tamén. Se aparecen rasgos dialectais,
pódennos axudar a descubrir a procedencia do autor.

 NA PRODUCIÓN DO AUTOR: se non é un texto xornalístico, debemos situalo na


produción do autor (obra de xuventude, de madurez…)
2. PARÁGRAFOS
CENTRAIS

Como diciamos, debemos ofrecer unha opinión persoal, impresión ou


valoración dos datos ou feitos observados no texto. Podemos centrarnos nos
seguintes aspectos do mesmo:

 ctualidade do tema ou do tratamento do tema.


A
 Validez das argumentacións.
 Intención do autor.
 Finalidade do texto.
 Tratamento do tema: obxectividade, subxectividade ou
íntersubxectividade (a imposibilidade dun enfoque obxectivo).
 Universalidade ou localismo.
 Orixinalidade na selección do tema ou no seu tratamento.
 Argumentos utilizados polo autor. Argumentos non utilizados e
que poderían ser válidos.
 Relación do texto con outros textos coñecidos.
 Adecuación da forma elixida á intención do autor.
 Comentario dalgunha das ideas secundarias que pareza máis
interesante.
3. PARÁGRAFOS
de CONCLUSIÓNS e PECHE
Como diciamos, debemos ofrecer unha opinión persoal, impresión ou
valoración dos datos ou feitos observados no texto. Podemos centrarnos
nos seguintes aspectos do mesmo:

 Opinión sobre o texto e valoración persoal


con argumentos.

 Opinión e postura persoal sobre o tema ou


temas tratados.

 Recapitulación.

 Parágrafo de peche.

Recorda que este parágrafo será o último que o corrector do teu exame lea antes
de poñer a túa nota. É imprescindible crear unha boa impresión así que,
esfórzate na túa redacción.
Aclaracións sobre o comentario
 ¿É conveniente incluír apartados e subapartados no meu comentario?
Non hai inconveniente en dividir o comentario en partes e titulalas se o consideras
necesario. Teoricamente, isto facilitaría o labor do corrector e faría máis lexible o texto.
Non obstante, pode acontecer que non sexa prudente dar demasiadas facilidades ao
corrector para que descubra as carencias do noso traballo. Ademais, o contido dalgún
apartado podería resultar raquítico se tratamos de axustar un esquema xeral e previo
a calquera texto concreto. Parece recomendable, polo tanto, contestar a esta pregunta
nun só bloque. Non quere iso dicir que non debas utilizar parágrafos segundo ditan as
normas de puntuación e o sentido común.
 Extensión ideal do comentario

Se nas preguntas anteriores che recomendaba concisión, nesta parece conveniente o


contrario. Creo que á maioría dos correctores pode resultarlles máis desculpable un
comentario trapalleiro -mesmo- que un tan esquemático que non se poida observar nel
a capacidade expresiva do que se examina. Non se pide un esquema nin unha
contestación telegráfica na terceira pregunta, é dicir, no comentario crítico.
Concretamente, creo que o mínimo recomendable se pode situar nunhas cincocentas
palabras (un folio polas dúas caras con letra normal). A extensión máxima ditaracha a
propia limitación do tempo do exame. Aínda que a esta cuestión debes dedicar máis
tempo que ao resto polo seu peso na cualificación, é fundamental que non deixes
ningunha pregunta en branco. Posto que podes contestar as preguntas na orde que
prefiras, quizais debas deixar esta para o final e dedicarlle todo o tempo que che
quede.
Aclaracións sobre o comentario
 
O comentario crítico non é un resumo, nin volver copiar o texto con outras palabras,
nin unha impresión subxectiva, laudatoria ou detractora. Por iso, consiste principalmente
en destacar, afirmar, negar e obxectar algo ao exposto e, para iso, é necesario ter unha
opinión sobre o tema, ter unha mínima información. Para levar a cabo esa valoración, o
alumno deberá confrontar as ideas expostas no texto coa visión persoal que ten sobre
este.
 En calquera caso, deben evitarse erros tan frecuentes como:
 Expresar impresións persoais de agrado ou rexeitamento sen xustificar.
 Limitarnos a expresar a adhesión ou rexeitamento do texto cun "estou de
acordo co que di "...
 Reproducir un esquema fixo, predeterminado e inadecuado ao texto. Moitos
dos apartados aos que se intenta responder quedan baleiros de contido.
 Entender crítica como censura.
 Aproveitar o texto para o desenvolvemento do tema de teoría ou historia da
literatura.
 Fórmulas memorísticas, estereotipadas, prescindindo do texto.
 Intentar atopar os erros de coherencia ou cohesión que non existen no texto.
 Volver contar, de forma máis extensa, o resumo do texto.
 Pretender facer un exercicio de crítica literaria (plano fónico, léxico,
morfosintáctico,...).
Exemplos de parágrafos que podemos
empregar no noso comentario:

 egundo o seu ámbito de uso este é un texto xornalístico. Os textos xornalísticos teñen como
S
finalidade principal informar, emitir valoracións ou críticas sobre feitos e temas de interese xeral
e de actualidade. Estes textos recóllense nos medios de comunicación e van dirixidos a un
público moi amplo e heteroxéneo (REFERENCIA CONCRETA AO TEXTO. Por exemplo: “Neste
caso concreto o texto foi publicado nun xornal de tirada nacional…”)

 Podemos afirmar que este texto pertence, dentro dos dous grades xéneros xornalísticos
(información e opinión) ao xénero de opinión xa que posúe as características propias do
mesmo:

- aparece asinado,
- reflexiona sobre un tema de interese xeral e relacionado coa actualidade
- faino cun estilo e dende un enfoque persoal,
- estamos, entón, diante dun artigo de opinión. O autor expón o seu punto de vista sobre un
tema de interese e actualidade ( REFERENCIA CONCRETA AO TEXTO) e ademais de expoñer
as súas ideas defende a súa opinión apoiándoo con argumentos.
O modo de discurso empregado polo autor é expositivo-argumentativo.
(REFERENCIA CONCRETA AO TEXTO).
A tese ou postura que o autor expón respecto ao tema, no texto que nos ocupa (REFERENCIA
CONCRETA AO TEXTO) e os argumentos ou razóns nas que basea a súa postura…
CONSELLOS XERAIS:
 A lectura frecuente de editoriais e columnas periodísticas
manterate informado da actualidade política, cultural e social.
 Canto máis leas, máis vocabulario e dominio da linguaxe terás
e con máis fluidez te poderás expresar.
 Sería bo que tiveras formada unha opinión propia sobre os
temas máis importantes.
 Evita sempre as posturas extremas
Aborto

Inmigración nai debería poder rematar co feto


A
mentres estivese na súa barriga, posto que

Os inmigrantes veñen a quitarnos o é seu
traballo. Habería que botalos a todos
ao seu país
CONSELLOS XERAIS:
 Non se trata de que repitas as palabras do texto.
 Tampouco debes repetir un esquema que podería servir para
calquera outro texto. Trátase de que te centres no texto proposto e
o analices.
 Con este exame están tratando de medir a túa madurez intelectual
e cultural. Ponte no lugar da persoa que vai corrixir o teu exame e
pensa no que ti valorarías do mesmo.
 O comentario crítico é en realidade unha continuación das
preguntas anteriores (título do texto, resume, esquema da
estrutura): é dicir, a parte final do comentario do contido dun texto.
Por iso, aínda que podes repetir ou matizar cuestións das que
falaches nos puntos anteriores, non debes repetir demasiado nin
volver sempre sobre as mesmas ideas.
OPCIÓN B
DESARROLLO DE UN TEMA DE ACTUALIDAD
DESARROLLO DE UN TEMA DE
ACTUALIDAD

1. TEMA (tema de actualidad)


2. PREGUNTAS:
1. Haga un breve esquema de los puntos que se van a desarrollar
(máximo 1 punto).
2. Realice un resumen o síntesis del contenido del tema que se expone
(máximo 1 punto).
3. Efectúe la redacción del tema (máximo 5 puntos).
4. Comentario personal y conclusión (máximo 3 puntos).

You might also like