You are on page 1of 10

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE TEORÍAS ÉTICAS

Aleixandre Lago Barcala

1. Introdución

Esta unidade didáctica ten como obxectivo expoñer as principais teorías éticas
desde a Antigüidade ata os nosos días, amosando, asemade, como define e utiliza cada
unha delas os termos clave do eido da moral, tales como: ben, virtude, felicidade, deber,
xustiza, etc. Dada a enorme diversidade de enfoques éticos en tan longo lapso de tempo,
o procedemento da enumeración resulta inoperante, e tampouco a través dunha soa
taxonomía é posible abarcar este obxecto; xa que logo, é preciso ofrecer algunhas das
distintas formas de clasificación das teorías éticas, a xeito de mapa para que o
alumnado poida considerar as dimensións da materia. En segundo lugar, para afondar un
pouco máis nestes asuntos, dedicarase tempo a introducir o pensamento dos tres autores
que son os pais das principais correntes éticas contemporáneas: Aristóteles (ética das
virtudes), Kant (deontoloxía) e Mill (utilitarismo). Procurarase explicar como cada unha
destas correntes afrontaría problemáticas comúns. Ao fío das explicacións, ofreceranse
textos para o comentario.

2. Obxectivos e competencias clave

- Desenvolver as capacidades que a LOMCE (Ley Orgánica 8/2013) asigna ao


Bacharelato.

- Contribuír, seguindo as directrices da UNESCO citadas no programa oficial da


materia de Filosofía de 1º de Bacharelato, a que o alumnado desenvolva “un
pensamento racional que axude a comprender o mundo complexo que nos rodea e
proporcione instrumentos para edificar unha sociedade libre, igual e xusta.”

-Competencias clave: CSC, CSIEE. CCL.

3. Contidos

3.1 Contidos curriculares

3.1.1 Contidos curriculares transversais

- B1.1. Textos filosóficos e pertencentes a outras ramas do saber relacionados


coas temáticas filosóficas estudadas.

- B1.2. Composición escrita de argumentos de reflexión filosófica e de discursos


orais, manexando as regras básicas da retórica e a argumentación.
- B1.3. Uso dos procedementos de traballo intelectual (incluíndo os das
tecnoloxías da información e da comunicación) adecuados á filosofía, en especial a
asimilación e o uso rigoroso do léxico relacionado cos temas filosóficos estudados.

- B1.3. Uso dos procedementos de traballo intelectual (incluíndo os das


tecnoloxías da información e da comunicación) adecuados á filosofía, en especial a
asimilación e o uso rigoroso do léxico relacionado cos temas filosóficos estudados.

3.1.2 Contidos curriculares de bloque

- B6.3. Principais teorías sobre a moral humana.

- B6.4. Procura da felicidade.

- B6.5. A boa vontade: Kant.

- B6.6. A xustiza como virtude ético-política.

- B6.7. Relativismo e universalismo moral.

3.2 Contidos específicos da UD

1. As teorías éticas. Natureza e clasificación.

2. Aristóteles e a ética da virtude.

3. Kant e a deontoloxía.

4. Mill e o utilitarismo.

3.3 Contidos mínimos de cada bloque da UD

1. As teorías éticas. Natureza e clasificación.

Teoría ética fronte a código moral. Relativismo e universalismo.


Clasificacións: ética cognoscitiva (a que cre que pode coñecerse o que é bo ou axeitado)
/ non cognoscitiva (a que non o cre: emotivismo); ética material (define un ben: idea do
mesmo) / ética formal (define unha norma); teleolóxica (define un fin: idea de
felicidade: eudemonismo, hedonismo, utilitarismo) / deontolóxica (define un deber: idea
do mesmo; deontoloxía; ética do discurso); subxectiva (define a partir do suxeito) /
obxectiva (define a partir dunha instancia non subxectiva).

2. Aristóteles e a ética da virtude.

O finalismo da acción humana. A busca de bens particulares e do ben en xeral. A


busca da felicidade: diversos contidos, reducibles á realización da función humana. A
felicidade non é un benestar, senón a actividade de cumprir coa función humana. O
carácter como foco da acción moral. A virtude ou excelencia do carácter: é un hábito de
actuar rectamente, un medio entre dous vicios; inclúe saber o que é axeitado
(prudencia), querer o axeitado (intención), escollelo e vencer unha resistencia. O
desenvolvemento do carácter: comparación con Maslow e a súa pirámide O máis
próximo a unha vida feliz é unha vida virtuosa. Noción de ética de máximos. A xustiza
como virtude política. Problemas da ética da virtude: conflito entre virtude e felicidade;
exemplo: a traxedia.

3. Kant e a deontoloxía.

A diversidade de contidos da felicidade en cada persoa e en cada cultura, unha


dificultade para as éticas materiais e finalistas. A necesidade dun criterio racional
abstracto para quen queira construír unha ética universal. A vontade boa (o querer facer
o deber polo deber, sen ter en conta as consecuencias) como a única virtude
incondicional. O imperativo categórico. Noción de ética de mínimos. A xustiza como
marco de deberes que regula a realización dos desexos de cada individuo. Problemas da
deontoloxía: necesidade de coordenadas e contidos para o imperativo categórico;
exemplo: o roubo.

4. Mill e o utilitarismo.

A necesidade de aportar un criterio material e asemade universal de ben. A


felicidade, aínda que sexa entendida de moitas maneiras, é algo universalmente
desexado; común denominador da felicidade é o pracer e a ausencia de dor. Cantidade e
calidade do pracer. O principio de utilidade, novo imperativo. Fundamento da xustiza
no principio de utilidade. Problemas do utilitarismo: xustificación de crimes por un ben
maior; exemplo, o tirano ilustrado.

4. Criterios de avaliación

- B6.3. Coñecer e explicar as principais teorías éticas sobre a xustiza e a


felicidade, e sobre o desenvolvemento moral.

5. Estándares de aprendizaxe

- FIB6.3.1. Expresa de xeito crítico as argumentacións das principais teorías


éticas sobre a felicidade e a virtude, razoando as súas propias ideas, e achega exemplos
do seu cumprimento e do seu incumprimento.

- FIB6.3.2. Expresa de maneira crítica as argumentacións das principais teorías


éticas sobre a xustiza, razoando as súas propias ideas, e achega exemplos do seu
cumprimento e do seu incumprimento.

- FIB6.3.3. Analiza textos breves dalgúns dos filósofos representantes das


principais teorizacións éticas e sobre o desenvolvemento psicolóxico moral do
individuo.
- FIB6.3.4. Usa con rigor termos como ética, moral, acción moral, autonomía,
responsabilidade, convención moral, madureza moral, virtude moral, subxectivismo,
relativismo e universalismo moral, utilitarismo, deber moral, ética de máximos, ética de
mínimos, consenso, xustiza, eudemonismo, hedonismo, emotivismo e utilitarismo.

6. Instrumentos de avaliación

- Entrega dunha redacción cunha análise filosófico - moral do dilema do tranvía


en relación co utilitarismo

- Entrega de comentarios de texto de Aristóteles e Kant.

- Preguntas de definición dos termos clave no exame correspondente.

- Caderno de clase onde se apuntan as intervencións máis notables, así como a


evolución e o esforzo.

7. Indicadores de logro e autoavaliación

Indicadores 1 2 3 4 5 Propostas
de logro de
mellora

1. Hai
coherencia
entre o
planificado e
o realizado.

2. O tempo
foi o axeitado
para dar a
materia con
calma,
permitir aos
alumnos a súa
comprensión,
e deixar
flexibilidade
para algunha
cuestión
sobrevida.

3. O
alumnado
seguiu
correctamente
a unidade. A
unidade
adáptase aos
distintos
ritmos dentro
do grupo.

4. A unidade
logrou
implicar o
alumnado,
que participou
nas clases e
nas
actividades
con atención e
interese.

5. A
avaliación foi
axustada a
contidos e
proporcional.

6. As medidas
de atención á
diversidade
funcionaron
axeitadamente
e foron
suficientes.

7. Hai
adecuación
entre a
materia
impartida e o
que esixe o
currículo.

8. Hai
coherencia
entre esta
unidade e o
resto.
8. Rúbricas ou niveis de adquisición

EXERCICIO INSUFICIENTE ACEPTABLE NOTABLE SOBRESAÍNTE


(1/4) (5/6) (7/8) (9/10)

Redacción Comenta as ideas Relaciona Relaciona o Relaciona dilema


sobre o implicadas no axeitadamente dilema co e utilitarismo,
dilema do dilema pero non o dilema co utilitarismo, nota o problema,
tranvía en chega a utilitarismo, explica a saca
relación co establecer unha explicando a solución que consecuencias
utilitarismo. análise filosófica solución que lle daría unha para outros casos.
sobre o mesmo, lle daría unha aplicación Figura maneiras
quedando nun aplicación mecánica do de resolver o
enfoque mecánica do mesmo, problema dunha
sentimental. Non mesmo, pero explica por maneira máis
é quen de non logra que esa afinada dentro do
relacionalo clara establecer solución pode marco do propio
e axeitadamente claramente por ser utilitarismo.
co utilitarismo. que o dilema problemática, Relaciona o
pode ser un contraintuitiva, dilema con outras
problema para etc. Saca posturas
esa filosofía. consecuencias filosóficas.
para outros Adopta unha
casos. Adopta postura propia.
unha postura
propia.

Comentarios O comentario non Extráense as Extráense as Extráense ideas


de texto ten a estrutura principais ideas principais e
axeitada, non se ideas do texto principais, secundarias,
centrando no que se explícanse reprodúcese o
texto senón explicaron en claramente, argumento con
divagando sobre clase, pero non reprodúcese o matices,
outras cuestións. é quen de as argumento relaciónase con
Non logra explicar total do texto. outros textos
extraer, polo claramente, ou Extráense filosóficos ou
menos, as ben non logra outras ideas culturais ou con
principais ideas reproducir o importantes e realidades
do texto que se argumento relaciónanse históricas e
explicaron na total que o coas sociais, critícase
clase. texto realiza anteriores, o texto con tino,
con elas. reproducido o tómase unha
argumento con posición propia
maior matiz. perante el.

Preguntas de A resposta non A resposta A resposta A resposta define


definición define o termo define de define, se ben perfectamente o
pedido. maneira con algunha termo pedido.
confusa o ambigüidade,
termo pedido. o termo
pedido.

Caderno de O/a alumno/a X O/a alumno/a O/a alumno/a O/a alumno/a X


clase non participa na X participa X participa participa
clase ou participa ocasionalmente xeralmente xeralmente con
con comentarios con con comentarios ou
ou preguntas que comentarios ou comentarios preguntas
non teñen que ver preguntas ou preguntas relevantes e
co que se está a relevantes. relevantes. brillantes.
falar.

9. Actividades

9.1 Actividades de inicio:

- Explicación dos conceptos fundamentais das teorías éticas, do contexto de


problemas que afronta cada autor dos tratados, das liñas xerais do seu pensamento
moral.

9.2 Actividades de desenvolvemento:

- Comentario de texto de Aristóteles: Ética Nicomáquea, L. I, 1097a14-1098b8,


extractado [sobre o fin e a felicidade]

- Comentario de texto de Kant: Fundamentación de la metafísica de las


costumbres. Cap. 1, 4:393-5, extractado [sobre a boa vontade e a felicidade].

- Discusión escrita do dilema do tranvía a partir dun parágrafo explicativo do


mesmo que inclúe dúas cuestións: (1) ¿Qué resposta daría o utilitarismo a este dilema?;
(2) Realiza unha crítica a esa resposta.

9.3 Actividades de síntese

- Esquema das teorías éticas.

- Esquema da pirámide de Maslow.


10. Temporización

A unidade didáctica realizarase ao longo de seis clases. Aproximadamente o


60% do tempo irá dedicada a impartir teoría, e o 40% á elaboración de exercicios.
Velaquí un esquema:

Clase 1: As teorías éticas. Natureza e clasificación. 50’.

- 10’ de repaso dos anteriores bloques, relativos á definición de Ética,


Razón Práctica e acción humana, que serven, ao mesmo tempo, para
introducir as nocións de natureza das teorías éticas.
- 30’ de explicación da clasificación das teorías éticas.
- 10’ de recapitulación.

Clase 2: Aristóteles e a ética da virtude. 50’.

- 50’ de explicación de Aristóteles.

Clase 3: Exercicio sobre Aristóteles. Introdución a Kant e a deontoloxía.

- 30’ de comentario oral dun texto de Aristóteles.


- 20’ de explicación sobre Kant.

Clase 4: Rematar Kant. Exercicio sobre Kant.

- 30’ de explicación sobre Kant.


- 20’ de comentario escrito sobre Kant.

Clase 5: Corrixir Kant. Comezar Mill e o utilitarismo. 50’.

- 10’ de corrección do comentario sobre Kant. Lectura dun comentario


exemplar.
- 40’ de explicación de Mill.

Clase 6: Rematar Mill. Exercicio sobre Mill e recapitulación.

- 10’ de explicación sobre Mill.

- 30’ de redacción e comentario sobre o paradoxo do tranvía.

- 10’ de dúbidas e recapitulación xeral.

11. Metodoloxía

Como sucede no resto da materia de Filosofía de 1º, o sentido desta UD é


introducir ao alumnado a un tipo de reflexión e mais a un vocabulario habilitado para a
mesma que probablemente lle é por enteiro alleo, pero que, non obstante, é unha
ferramenta con evidente utilidade para orientarse na súa vida. Igual que na aprendizaxe
dunha lingua, a adquisición do léxico e dos xeitos de combinación filosóficos require
dun período de asentamento e exercicio: a acumulación memorística ou erudita é
absolutamente inútil, e máis vale comprender un par de definicións e argumentos que
gardar na memoria dúas ducias de noticias e ideas desarraigadas. Tal e como está
composto o currículo da materia, o nivel de información que o alumnado debe asimilar
resulta, desde esta perspectiva, asombrosamente elevado. Por iso, as orientacións xerais
para esta UD son as seguintes: (1) a extremada precisión á hora de definir cada
concepto; (2) dentro desas definicións, a linguaxe ha de ser próxima á do alumnado; (3)
resultan imprescindibles os exemplos; (4) os argumentos han de se construír de maneira
progresiva, sen deixar enlaces rotos e regresando a cada paso ás ideas anteriores para as
asentar. Seguindo estas directrices, ábrese unha marxe moito maior para o alumnado
asimilar a linguaxe filosófica.

A estrutura desta UD está pensada desde este punto de vista progresivo e


reiterativo: na primeira sesión introdúcense moitos termos, os máis importantes dos
cales –felicidade, ben, virtude, xustiza- reaparecen máis adiante, e paso a paso se vai
mostrando como cada autor lles da unha articulación diferente, sen perder a relación cos
predecesores. Os textos propostos para o comentario repiten argumentos clave das
exposicións, e pretenden ser ocasión para que o alumnado consolide a súa comprensión
sobre as mesmas a través da súa propia actividade: o profesor debe deixar claro ese
obxectivo, solicitando ao alumnado que expliquen de maneira organizada as ideas
principais dos fragmentos, tendo en conta que coinciden con co xa falado; se ben no
caso do dilema do tranvía, o exercicio final, é posible e se cadra, dependendo da
resposta observada, recomendable procurar unha resposta máis persoal. Finalmente, a
estrutura da exposición de cada un dos tres autores é paralela: 1. asentamento dos
termos do problema do ben e a felicidade (que en Kant e Mill significa unha crítica do
autor anterior) 2. proposta dunha solución; 3. problemas desa solución. Esta orde
argumental debe de quedar patente.

O profesor haberá de estar atento á reacción do alumnado, resolver as súas


cuestións e realizarlle preguntas que permitan observar se os conceptos quedaron ben
entendidos ou mesturados con imprecisións e ambigüidades: neste último caso, será
preciso insistir até corrixilo. En caso de falta de tempo, é preferible non dar todo o
contido ou prescindir do exercicio final, antes que avanzar de maneira dubidosa.

12. Atención á diversidade

- Facilitarase o acceso físico á aula e sensorial ao contido.

- Realizarase unha adaptación curricular para o alumnado que así o precise.


- Prestarase na aula atención especial ao alumnado que así o precise, evitando en
todo caso a súa desconexión, e exhortándoo, por contra, a participar e a expresar as súas
dificultades.

- Entregarase un material adaptado para o alumnado que así o precise.

- Buscarase o tempo para repasar os contidos fóra do horario de clase co


alumnado que así o precise.

You might also like