You are on page 1of 4

HILOZOÍSMO

O hilozoísmo ,animismo ou imaxinismo-ten como tema principal


do poema- a natureza,q aparece humanizada mediante constantes
personificacións
A súa meta é a creación de imaxes nas q se reúnen elementos _
visuais e auditivos,con predominio das cores fortes e vivas.

A métrica é sinxela- fundamentalmente versos curtos de rima


asonante.

O iniciador e principal cultivador desta tendencia foi Luis


Amado Carballo.Publicou dous libros de poemas: Proel e O galo

NEOTROBADORISMO

Esta escola poética nace tras o descubrimento e difusión da poesía


medieval galego-portuguesa grazas á edición dos cancioneiros
realizada por Jose Joaquim Nunes.

Os poetas novos,marabillados ante a beleza das vellas


cantigas,introducen na súa poesía numerosos elementos
temáticos,formais e estilísticos da lírica medieval:

O tema amoroso

A ambientación espacial

O paralelismo

O refrán….
Combinan os temas e técnicas dos cancioneiros medievais con
atrevidas imaxes vangardistas.

Os principais representantes desta corrente foron:

Fermín Bouza Brey, co poemario Nao senlleira


Álvaro Cunqueiro, con Cantiga nova que se chama Riveira

CREACIONISMO

O principal poeta da vangarda galega foi Manuel Antonio, o


poeta máis innovador e orixinal da Xeración do 25.

A súa obra, incluída fundamentalmente dentro da estética do


creacionismo, caracterízase pola ruptura coa tradición literaria
galega, á q considera excesivamente continuadora da obra dos
poetas do Rexurdimento , e aposta pola renovación temática e
formal.

En 1928 publica De catro a catro.Follas sen data dun diario de


abordo, único libro editado en vida.Está formado por 19 poemas e
estrutúrase en aparencia como a crónica dunha viaxe con tres
etapas:

Partida
Aventura
Regreso

Admite diversas interpretacións: desde a simple evocación dunha


viaxe por mar, ata outras de índole filosófica, O mar como
aventura, a procura da plenitude vital, a soidade, o fracaso.
Manuel Antonio expón as súas ideas acerca da literatura en dous
textos nos que teoriza sobre o tema: o manifesto < Máis alá > e o
< Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu >

O manifesto < Máis alá>


Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro expresan a necesidade de que
a literatura galega rompa coa tradición e busque novos
caminos,inspirándose nos movementos renovadores de vangarda.

O ideal fundamental que defenden é a absoluta liberdade


creativa.

Amosan tamén o seu compromiso coa lingua galega,afirmando o


seu monolingüismo e criticando os escritores que escollen o
castelán como lingua literaria.

OUTROS POETAS VANGARDISTAS

Álvaro Cunqueiro- Mar ao norde


Eduardo Blanco Amor- Romances galegos
Manuel Luís Acuña- Fírgoas
Luís Pimentel- Sombra do aire na herba e Barco sin luces.

A PROSA DE VANGARDA

Rafael Dieste é o máis importante prosista desta xeración.


Escribiu Dos arquivos do trasno, un conxunto de relatos de
misterio,nos que retrata a psicoloxía da xente galega e presenta
experiencias extraordinarias de tipo fantástico e maravilloso.<
Sobre a norte do Bieito>

Tamén publicou a obra de teatro A fiestra valdeira.

You might also like