You are on page 1of 1

A experiencia na que máis medo pasei aconteceume de pequeña nun día de

verán. Era domingo e fora con meus pais á praia coma todos os domingos,
pero ese día coincidiu que había moitas vagas, polo que agardei algo máis
do habitual para meterme na auga con eles.

De alí a un intre, cando xa non había tantas vagas, fun á auga e estiven
xogando cos meus pais ao balón. De súpeto, volveron as ondas grandes sen
decatarme e, cando quixen saír da auga, xa non era capaz, tiña a onda
enriba. Esta colleume e arrastroume ata o fondo e logo cara á beira da
praia. Xa fóra da auga, notei o bañador todo cheo de areas debido ás voltas
que dera por debaixo da auga.

Paseino moi mal, foi un momento moi anguriante para min, xa que tentaba
saír á superficie para poder respirar e por máis que o tentaba, non daba
saído. Cando xa me atopaba na beira da praia e conseguira levantarme e
saír da auga, non me volvín bañar máis en todo o que quedaba de tarde.
Collinlle moito medo ao mar desde aquela situación e non quixen ir à praia
durante algún anos.

No entanto, a día de hoxe xa non lles teño medo ás vagas. Cada vez que
vou á praia cos meus pais e hai ondas paso as horas co meu irmán na auga
xogando cos flotadores. Loitar contra os medos é importante para
evolucionar como persoa. A pesar disto, sígolle tendo moito respecto ao
mar.

You might also like