You are on page 1of 5

A temporalidade en Kant

0. Introdución

1.1. O tempo na estética trascendental.

Imos comezar co concepto de tempo exposto na estética trascendental. Intuición,


sensibilidade, tempo. Como xa sabedes o tempo é unha das formas da
sensibilidade. Kant distingue entre dúas formas de representación: conceptos e
intuicións. Os conceptos son regras de unidade e subsumen unha multiplicidade de
representacións, é dicir, son xerais. ​As intuicións, por outra parte, son as
representacións de multiplicidades que se dan cando a nosa sensibilidade se ve
afectada.

En este sentido, os seres humanos temos unha forma determinada de representar,


previa a toda intuición. Así, estructuramos aquilo polo que somos afectados dunha
determinada maneira, todo fenómeno que representemos se corresponderá cas
formas da intuición. As formas desta intuición son o tempo e o espazo. Dacordo co
espazo, representamos os fenómenos externos segundo a figura, a magnitude e as
súas relacións mutuas. Dacordo co tempo, representamos todo fenómeno segundo
a simultaneidade (o que se da no mesmo tempo) e a sucesión (o que se da antes ou
despois). Agora ben, recalco o dito: representamos todo fenómeno dacordo ca
forma do tempo. Non sucede o mesmo co espazo, só estructuramos dacordo coas
relacións espaciais aqueles obxectos que son externos á nosa mens. En cambio,
toda representaciónque teñamos, en tanto que presente na nosa mente, se dará
dacordo coa forma do tempo. (sexa de fenómenos externos ou internos) É dicir,
representaremos as cousas no noso sentido interno como simultáneas ou
sucesivas. Isto é bastante importante. Na Crítica da Razón pura hai unha clara
primacía do tempo sobre o espazo no que á intuición se refire, e así tamén na orde
do coñecemento. Queda así dito, e pasamos a ocuparnos só do tempo, que é o que
nos interesa.

Unha das primeiras cousas que sinala Kant é que o tempo non é un concepto
empírico (non o extraemos dunha experiencia). Isto é o mesmo que decir que é un
concepto a priori, previo a toda experiencia. Como xa decíamos, o tempo é unha
das formas da sensibilidade e, neste senso, o tempo é unha condición de
posibilidade para representar calquera fenómeno. O tempo non está nas cousas,
non o extraemos da observación das cousas mesmas. Se prescindísemos da nosa
subxectividade, o tempo non sería nada en absoluto. En este sentido o tempo só ten
validez obxectiva no que se refire aos fenómenos que se nos dan nas nosas
representacións. Sobre os obxectos en sí, que presupoñemos como causas das
nosas afeccións sensibles, o tempo non ten nada que dicir. É unha forma
subxectiva.

O tempo é único e infinito. Cando falamos dunha limitación temporal, só é porque


estamos concebindo unha parte dun todo único. O tempo non é un concepto, e non
se nos da como tal. Se nos da como unha intuición pura inmediata.Polo feito de ser
a priori, podemos extraer proposicións necesarias ou apodícticas sobre o tempo e
as relacións temporais. É por isto que podemos solucionar o problema que Kant se
plantea resolver ca crítica: o de se son posibles os xuízos sintéticos a priori.
2. Categorías

Pasemos agora a facer un repaso rápido do que Kant chama categorías. Aínda que
a priori poida parecer que non están estrictamente relacionadas co tempo, o tema
do traballo, xa veremos que si.

Unha categoría, ou concepto puro, é o mesmo, é un elemento do entendemento. O


entendemento, fronte a sensibilidade, é espontáneo, non simplemente se nos dan
obxectos senón que se leva a cabo unha actividade “creadora”, por así dicilo.
Mediante o entendemento pensamos, que é o mesmo que dicir que facemos xuízos.
Un xuízo básicamente é dicir algo de algo, predicar algo de algo. En este sentido o
coñecemento é discursivo, quede claro. O que fai é determinar unha intuición
(producto da sensibilidade) decindo esta cousa particular é esto ou esto outro (un
concepto, xeral, como xa dixemos). Volvendo agora ás categorías, temos que ter
claro que estas son puras, é dicir, son previas á experiencia. As categorías son a
condición de posibilidade de elaborar calquera xuízo, mais non só iso, e isto é moi
importante, Kant o aclara na deducción trascendental: as categorías tamén
posibilitan que se nos de calquera fenómeno e estructuran a forma en que este se
da. Pensamos os fenómenos, as cousas, a nosa realidade, conforme a estas
categorías.

As categorías teñen dous aspectos: por unha parte son unha forma de unidade de
obxectos en xeral, son forma pura do pensamento. Por outra, sempre se han de
referir a obxectos da intuición. En tanto en canto ás categorías non se lles dea un
obxecto intuido, non teñen ningunha validez obxectiva, non nos aportan
coñecemento.

Se atendemos á táboa que Kant nos amosa, son 12, divididas en 4 grupos: As da
cantidade ( Unidade, pluralidade, totalidade; da calidade (realidade, negación,
limitación); da relación inherencia e subsistencia. Causalidad y dependencia,
comunidad (accion reciproca); e da modalidade Posibilidade-Imposibilidade.
Existencia- non existencia; necesidade-continxencia. Non as definiremos agora, non
procede todavía. Pasamos así directamente ao esquematismo.
3. O esquematismo e a imaxinación trascendental

A multiplicidade da intuición ten que ser reunida para que poda ser pensada polo
entendemento. É dicir, dunha multiplicidade que se nos da na intuición (se pura,
espazo e tempo) ou sensible (empírica), ten que ser reunida nunha unidade pola
espontaneidade do entendemento para que poidamos ter calquera coñecemento
sobre ela. Esta actividade a leva a cabo a imaxinación. Ademais, agora que
seguindo a Kant expuxemos xa as formas da intuición e as categorías do
entendemento, tiñamos que resolver todavía un problema: como se relacionaban
estas categorías, que son totalmente heteroxéneos e non se poden atopar en
intuición algunha con respecto ás intuicións , coas propias intuicións? Pois a
resposta é que mediante a imaxinación, por suposto.

Antes que nada expoñeremos como actúa a imaxinación, ou esquematismo, no que


aos conceptos empíricos e intuicións sensibles se refire. Só o faremos para clarificar
o tema que realmente nos importa (tanto a nós como á lóxica trascendental): como
se relacionan os conceptos puros do entendemento coas intuicións puras (co tempo
sóamente, xa dixemos por que o tempo ten primacía con respecto ao espazo, o
espazo non pinta nada aquí).

Pois ben, o esquema é a representación da regra do concepto que permite a súa


sensibilización, é dicir, dar lugar a unha imaxe do concepto. Establece distintas
posibilidades en que se pode dar lugar a unha imaxe dese concepto. A imaxe temos
que entendela como unha representación particular, e non hai unha soa imaxe
posible. Kant nos di: “ el concepto de perro significa una regla conforme a la cual mi
imaginación es capaz de dibujar la figura de un animal cuadrúpedo en general sin
estar limitada ni a una figura aprticular que me ofrezca la experiencia ni a cualquier
posible imagen que pueda representar en concreto” Kant p. 185. b 181. Isto no que
respecta aos conceptos empíricos. Con respecto aos entes matemáticos, que non
serían empíricos, temos unha situación moi similar: o concepto é unha regra que
nos permite dar lugar a unha representación sensible del.

Pero que hai das categorías? Aquí entramos na relación entre categorías e a
intuición pura do tempo. En efecto neste caso non podemos dar lugar a unha imaxe
concreta como nos casos anteriores. Non podemos dar lugar a unha imaxe con
aspecto empírico, pois estamos falando de conceptos puros e intuicións puras,
totalmente a priori. Porén, aquí actúa a imaxinación trascendental, na operación que
se deu en chamar esquematismo trascendental. Seguimos tendo unha operación de
características similares á que describíamos anteriormente: o concepto puro ten un
esquema, e se pode dar lugar a unha imaxe, pero en este caso se trata de unha
imaxe pura. O esquema dos conceptos puros se proporcionan a súa imaxe dende o
tempo. E, ademais, os esquemas determinan a priori a forma do tempo e a forma
que percibimos os fenómenos no tempo. E así que existe a posibilidade de aplicar
unha categoría á serie dos fenómenos que se nos presentan (estando todos
inscritos na temporalidade, cómpre recordar). As categorías se definen con respecto
ao tempo e de feito son a determinación trascendental da forma do tempo.

5. Definición das categorías.

Substancia. É a permaencia do real no tempo. Un sustrato que permanece mentres


cambia todo o demais. A substancia é entón o que ten unha existencia mentres
cambia todo o demais. Solo mediante esta podemos determinar temporalmente a
sucesión e simultaneidade dos fenómenos, pois solo podemos determinar o cambio
dende algo que permanece.

Causa efecto. Realidade á que sigue algo distinto. Sucesión do diverso sometida a
unha regra.

Necesidade: existencia dun obxecto en todo tempo.

6. O ser comprendido dende o ente


Nos temos adentrado así no esquematismo, a parte máis escura da crítica da razón
pura, que está envolta nun certo misterio (misterio a forma en que opera este
esquematismo trascendental). Sírvanos polo momento entender que o
esquematismo constitúe a necesaria conexión entre as categorías (entendemento) e
a intuición pura (tempo). Este traballo tan só pretendía ser unha introdución, polo
que intentarei esclarecer isto en profundidade en canto elabore o traballo. En fin,
esto que decíamos ten consecuencias bastante importantes, basicamente que o ser
se entende en Kant con referencia á temporalidade. Se non me equivoco esa é a
tese que intenta defender Heidegger na súa interpretación de Kant, interpretación
que eu intentarei asimesmo interpretar.

Basicamente, para enunciar a súa tese brevemente, Heidegger defende que Kant se
dedica na crítica a unha fundamentación da metafísica. O coñecemento
trascendental sería, en este sentido, un coñecemento ontolóxico, dito doutra forma,
un coñecemento do ser do ente. Coñecemento do ser que podemos ter de forma
previa a toda experiencia, pois é o propio suxeito trascendental o que leva en sí as
condicións de obxectivación de todo ente, as condicións de toda aparición do ente
mesmo. Na interpretación heideggeriana a imaxinación trascendental sería a
facultade orixinaria da que xorden intuición e entendemento, polo que as determina
a ambas. Xa comentamos a forma en que opera a síntese a imaxinación
trascendental, mediante o esquema que sempre remite ao tempo, de aí que defenda
que o ser sempre se entende dende a temporalidade. Como digo, afondarei máis
nesta cuestión.

You might also like