You are on page 1of 1

DE ABRENTES E OCASOS

SINOPSE

Baixo o título De abrentes e ocasos, Teatro do Atlántico presenta un recital


dramático de poesía galega contemporánea, escolleita e trabada segundo o motivo
fundamental da reivindicación da lingua, da súa riqueza e da súa capacidade para a
expresión tanto dos grandes problemas da condición humana como das esixencias e
inquedanzas da actualidade.
Con recurso á voz, ao corpo e mais á musica, preténdese dar eco á palabra
poética (que é como dicir palabra relevante) na lingua na que foi creada; e,
compartíndoa deste xeito, abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión, e
beleza. Desde o eido da poesía aparecen e ocupan o seu lugar o amor, a morte, a
relación coa terra e a paisaxe, a loita social, a igualdade de xénero e a convivencia entre
os pobos; cuestións que esixen ser abordadas desde o horizonte de Galicia e da lingua
galega.
Nesta intensa viaxe que pretende ser De abrentes e ocasos acompáñanos a
palabra de dezaoito poetas
[…]

A transmisión da palabra destes autores merece materializarse en diferentes


espazos públicos, sexa o escenario, a biblioteca ou a aula.
Abordamos con emoción este necesaria viaxe pola poesía galega
contemporánea, que supón a produción número 33 de Teatro do Atlántico desde a súa
fundación no ano 1985. Trátase da quinta ocasión na que a voz dos poetas se erixe no
soporte principal da nosa proposta. As anteriores, que seguiron uns principios
semellantes, modulados segundo cada circunstancia, foron: Eu, Gulliver Ferreiro
(1988), Seis poemas galegos (1998); Ecos e voces dun tempo e dun país (2002) e
Memoria do 36: da República á Guerra Civil” (2005).

You might also like