You are on page 1of 5

Outros poemas potábeis

Dores Tembrás

a) Sección amor

amor
que sostés os meus pulsos coma se foran
cuncas diminutas de cerámica chinesa

e non sabes que as cereixas


deixaron de medrar
ata que volvas

…….

anicada
ando a pensar palabras
pelas de manteiga
mentres o fume
se extingue
na mañá
cómo dicir
que marchaches
e eu
sen saber usar
a desnatadora

b) Sección madurez e paso de campo a cidade

quen rezará por min


cando ti faltes
quen me contará a historia
de cada colcha de cada garfo
quen será o meu caleidoscopio
na invernía de Burreiros
quen comerá coa culler gastada
polos teus dentes gastados
quen se atreverá a tocar
o teu libriño de Santo Antón
quen bendicirá con mans cegas
os meus dedos ansiosos

só a memoria
zurcirá os espazos en branco

M. C. KNUCKENBERG

Non coñezo a esta autora, pero o poema incluído no anterior recital (cantiga de
Pilocha) encadraría na parte amorosa deste; e induzo que indo ó libro haberá
outros de semellante ou máis valor.

Ferida de amor estaba


polos ollos qu’eu amaba.

O amor vai sempre consigo,


e demanda a quen o quere,
semella un choro sin bágoas
pola ledicia que o leva.

Ferida de amor estaba


polos ollos qu’eu amaba.

O amor é unha pomba roxa


aletexando na praia,
tremelando dun desexo
que esmorece na almofada.

Ferida d’amor estaba


polos ollos qu’eu amaba.

Darío X. Cabana

Para a sección de amor. No de Queizán, o home compara a muller co sol, e ela fica
fría. Aquí precisamente D. X. compara a muller coa luz e o lume, nun soneto no
desprezábel, pero que polo seu exceso retórico é mellor para converso en cómico. Fóra
desto, ten outros sonetos con menos quincalla e ben mastigables.

Por unha luz que a penas se insinúa


nos teus ollos, lucindo nas ourelas,
ben podo coñecer que dentro túa
combuste unha miríade de estrelas

e que baixo das pálpebras as levas


póndolles unha sombra que atenúa
seu alto resplandor de sentinelas
sobre a terra nocturna que se alúa.
Por un remol que levas nas perfebas
tenrísimo e sereno e suntuoso
cando chega o clamor das madrugadas,

ben podo supoñer como nas trebas


ardía o lume alegre e poderoso
dunha espiral de estrelas incendiadas.

Dos de Novoneyra

Viña eu dos Calvares


soñando no aire.

Pasei su a fonte
cos ollos ó lonxe.

Deiteime na herba
cas maus nas meixelas.
//

Chove nas veigas sin que se oia.


Unha tras outra
cain as follas dando voltas.
[…]

//

Chove para que eu soñe.

//

Vendo i ouvindo o río


vaise o tempo sin sentilo.

Naz’a auga su as abrairas


entr’as penas sombrizas
roxe e baixa
de pincheira en pincheira
e corre entretecida…
//
Allea a soutos e chousas
i a canto de eilí se vía
allea a areas e lousas
a auga crara corría…
Namorado tiña cousas
cousas que a auga sabía.

RAMIRO FONTE:

Excelente poema, ao meu xuízo, para falar sobre a cidade, antes de entrar a dicir
cousas máis duras.

As flores cidadás

As flores cidadás son compañeiras,


teñen nome de parvas margaridas
que medran nos camiños portuarios,
entre vellos raís e mercadorías.

[…]

As flores cidadás son esa rosa


de ninguén, de ningures, sempre libre:
caeu nos parques longos e nas rúas
que nos viron pasar, sendo infelices,

flotou nas augas mortas dos estanques


como cabelos de afogada noiva,
e arde como coitelos de mariños,
pelexando, fatais, por esa rosa.

Tamén son semellantes ás camelias


porque desfollan días dun inverno,
e xiran nas esquinas eses días,
e son vagos papeis, cousas sen prezo.

Descoñecidas flores cidadás,


que amoucan no sombrizo corredor,
na man secreta dos traidores murchan,
e morren de saudade nos xarróns,

na pátina lustrosa dos pianos,


como morre sen ceo algunha estrela
nas coroas dos mortos paseantes,
pero tamén nos versos dos poetas.

Sobreviven nas páxinas dun libro,


na fiestra dunha casa ruinosa,
pero, de daren sombra a algún camiño,
prefiren os sendeiros das aforas.

As flores cidadás son verdadeiras,


e alíanse connosco doadamente,
e son leais incluso cando saben
que nos xa as traizoamos moitas veces,

[Eu remataría aquí. Pero segue:]

nós, que deixamos a vida e renunciamos


ós poderes do mundo, a tanta cousa
a cambio dunha rosa de papel,
todo a cambio daquela falsa rosa.

You might also like