You are on page 1of 18

Primeira casida

Onde ests, tenra sombra que agora ven


os meus ollos, de lonxe a devalar
coma unha escura bolboreta
polos confns desas brancas nubes.

Non podo descansar deste triste afn


porque xa non te teo ao meu carn;
regresa cedo, mentres dure
esta ma que tan lene arda!

Tremen os mares; treme a luz sar


das mias mans, que pode; pero esa luz
na ta lonxana de estrela
ser s a luz dunha estrela morta.
Segunda casida

Cantos ceos aburan no meu rostro


porque ti non ests, cantas mapoulas
crueis que pasan, canta muda brtema
porque ti non ests ao meu carn.

Eis o safir que vence no horizonte


como unha dorna escura que estremece
o fume que me afunde e que me esfuma
porque ti non ests ao meu carn.

Ennovlame os beizos con estancias


de templos luminosos, que se perda
desespero nos cmaros da noite
porque ti non ests ao meu carn.

Nunha pedra violcea as mans agocho,


mais non marcharn, non, os nervios rudos
que se erguen coma serpes aluadas
porque ti non ests, porque ti non ests.
A Andrea

Pode a voz mia mergullarse anda


nese teu pozo de azulada noite?
Poden grilandas no teu colo asirse,
lirios e rosas?

Doces ledicias nos teus lagos mainos


beberon os meus cantos vagarosos,
medrando coma fedra cristalina
polo teu talle.

Mais sempre, como a fada tecedora


que a seu amor pola ribeira estraa
busca sabendo que o tapiz de soo
ver na morte,

sen esperanza meu amor buscaba


de achar esperto o teu soar ditoso;
lume segredo, ao seu redor voando
merlo satlite,

mudo era, e pleno das cancins da alma.


Agora, en cambio, unha funesta sede
medra sen pausa, na procura de algo
tralas estrelas.

La, non perdas a ta luz de espello


tras destas nubes peregrinas; noite,
as tas albas silenciosas garda
destes rumores;

non fagas caso destas mans de tebra


que tremen procura dalgn nome
triste ou perdido; e estes labios secos
deixa rezando.

Non alumees estes ollos duros


coma cristais de brtema feridos,
non sexas praia para nave errante
orfa de terra.

Antes, agarda, e pola area dirixe


os pasos teus segundo a ta medida;
batan as ondas en ti mis ou menos,
nunca afogada;
ptalas deixa caer polo regazo
e os aires sexan o teu corpo puro.
Eu, meditando das futuras horas,
moucho de dbida,

s pensarei en pronunciar teu nome


entre a coroa de teus iguais os deuses,
leda cantiga das mars e a noite,
cndida la.
Lied

Cervos azuis, pendurados da noite,


non teades medo do poeta
que prega, polas sombras
da piedade,
nada senn a vibracin dun verbo
para fende-la tristura.

Temede, si, dos homes devalados


na luz do medioda,
que camian
cun aceno de fume, na procura
das marxes que retean o silencio.

Cervos azuis, pinceis do luar,


navegantes da va
secreta
das estrelas.
O anxo

Descendeu como estrela, nas fragas do silencio


apenas repasadas suavemente polo mar.
Atoprono as bestas no medio do camio,
coas s anda brillantes, o corpo esvelto e roto,
todo nimbado de perigo, e os ollos
xa velados por unha fasca de orballo.

Arredor del reunronse, nos das estivais,


e levronlle lousas maneira de leito.
Non sentan admiracin nin reverencia,
senn un calado respecto
que encha vagamente os seus espritos
coma vento de lonxe.

Cubrrono de flores, e el segua a lucir


o seu xesto cado e maxestoso,
que cifraba un alento de algo vivo e oculto,
sentido lentamente polos seres
cando observaban cos ollos inmbiles
e unha doce inquietude batndolles no peito.

No inverno, de entre a terra hmida e negra,


naceu o deus astado, ergueita e saudosa criatura.
Vendo o anxo, nas sas outas nubes espreitando,
ordenou, por non darlle sepultura infamante,
envialo de volta cara s brumas do ceo
prendendo lume na sa carne.

Namentres arda, o seu sorriso non ferido


polas fauces do tempo, os cabelos tan constantes,
a pel mis nidia que a alborada,
abriron devagar coma unha flor de auga,
facendo treme-lo aire crepitante de msica,
e deixaron flotando unha lene fragrancia.

As bestas agardaban algn signo


De permanencia ou de recordo por parte daquel ser.
Miraron cara herba bendicida,
cara s sagros carballos e o lume das camelias.
Nada viron de novo, e regresaron
tra-la sa existencia indiferente.

O deus astado soubo, e amagou un sorriso.


Pois xa un novo recendo, unha ledicia
vibraba polos campos, e as antigas
rbores, cun rumor inexorable,
comunicaban un arcano de morte.
A primavera estaba preto.

O lobo

Con crineiras incertas


e os ollos devalados
camia polo bosco
a sa sombra incesante.
Materia xa non mis, lenta pantasma
exiliada e sen la.
Bebe nas arduas fontes
do recordo
e fatiga nas noites
as falsas torres luminosas
coma un anxo perdido.
Deprendeu as palabras inclementes,
e anda a rebar nelas, procura
dunha auga, unha vella substancia
que lle devolva a vida.
Flor macilenta, ptalas ou dentes,
anda arde un destino
nos seus membros veludos,
anda un instinto
emerxe feroz
a tensa-los seus msculos,
e a sa nostalxia de vidro
cae coma unha nube sobre o mundo.
A mandbula azul
a roer nas cidades,
e un ro
a rabua-la pel tremente,
abondo feren o corazn.
Avance, avance sempre
mentres non vea un sol escuro
de foulas e palabras,
mentres non vea unha noite nova
de msica nas negras horas.
Lamento

Estou canso de tantas andorias,


de tantos ros confusos nos que vogan
branqusimos enigmas, tantas rochas
onde nos miran os malignos sapos.
Canso do seu rumor de varas negras,
de verter herbas en amargas gorxas,
do seu amargo pan de la.
Oh voce,
slvame agora nun soprar de follas,
coma un verme que eleva o temeroso
peito nos brazos das mars ardentes.
Slvame aqu, na area estrelecida,
na ta noite de barcos incendiados,
antes que vea o da pesaroso
con pompa de paxaros e de auroras,
con cetros soleados e ministros.
Slvame, pedra branca de mil anos
que no silencio a flor azul coeces,
auga elevada en muros e columnas,
rosa do tempo, la da memoria.
Antes que o da, antes que os enigmas
a face escura sob as azas lenes
adormezan, feridos pola sombra,
e non quede no ceo traizoeiro
salvo os minutos lamacentos, salvo
unha lingua infeliz, caraveis desbocados.
Unamuno

Choraba polas noites. A sarabia


imprime rostros, desfigura nomes.
E aquel carballo ardendo na memoria.
Un escudo, unha lanza coruscantes
polo xardn, atravesando a chuvia,
dende o fondo do lago onde os dragns
plumas fixeran das escamas verdes.
Un Cristo novo para a luz do home,
pomba de mar antigo pola chaira,
as plumas transparentes, non esquezas,
bolboretas de pluma sobre os fretros.
Lvaas coma bgoas no teu peito,
augas de mil camios para tempo
de seca. E non esquezas, non, ao vello
mastn do soo, reiseor da noite.
A espada na rocha

Os profetas da negra carapucha


chegaron desde lonxe, buscando a terra nosa
entre os carballos nos que o vento roe
e as torres devastadas, nio de bolboretas.
Guibaos un vieiro antergo, elptico
cal unha serpe, cuberto polo asfalto.
E dixeron
-somos soamente un signo, e sen sentido-
que en tal illa encantada, pupila dunha lenda,
por un cendal de nboa protexida
contra os ollos ardentes dos que buscan,
na que as sereas anda non envelleceran
-pois gardan as mazs de ouro nos seus beizos,
e non se entregan moito fogaxe das linguas-
hai unha espada antiga, coma un raio de la,
de dourado bitafe, e encravada
nunha rocha entre os fentos.
Nome de prata,
a espada foi dun deus perdido
que a amou coma muller de cabelos de auga,
e que, atado por uns feitos runs,
decidiu agochala al, a salvo.
E esa espada, dixeron, se a tomamos,
far lucir a vella terra nosa,
coma un espello dos primeiros das
nas tremolosas lmpadas do luar.
E virn anxos a poboa-la sombra
en falanxe de ferro ben tecida,
e os opresores fuxirn da terra,
e o nocturno sol da liberdade
bandear, coma unha cruz fermosa,
na montaa sagrada, entre os neboeiros.
Logo marcharon, e a ambicin
xunto coa boa esperanza quedou acesa
entre os potentados e os ministros.
Pero eu
vexo o frur cobizoso, a seda dunha meiga
nas claras galeras do noso pazo.
El e esa espada, lirio de entre os ceos,
dar na terra flores, na nosa terra pecha?
En contemplei o pobo largos anos,
cos ollos do crepsculo, vin os seus brazos vigorosos
nos seus xestos de amor, os seus torsos garridos
con mltiples mensaxes engalados,
vinos vivir da brtema e do soo,
vinos vivir do sangue e mais da vida.
O noso deus a terra, que prodiga os seus dons
sen pensar nas estrelas, xeneroso.
Da canto ten, danos agora a morte.
E non habemos de morrer na mar?
(A mar, que leva verbas e bandeiras, a mar que leva os
astros,
na que a terra se afunde a cada intre, a gorxa cristalina,
a msica incesante do berce que se abala no silencio).
Levronlle o ouro, a mscara do sono,
mais non poden levar as augas sen esencia.
Que traera esa espada? Non o luar dos das primeiros
mais un intil arremedo do reino fenecido,
violenta sombra do canto do poeta.
Eu, rei ferido, fiel aos meus principios,
gosto mis de morrer con esta terra,
dorna negra vogando misteriosa,
e volverme a min mesmo, a este lume sen forma do meu
peito,
e que esa espada permaneza oculta
por si decide regresa-lo deus
que a deixou al absconta, descansando.
Delgnat e Partholn

Unhas lias sen forma sobre a escuma


estes cantos que baten no meu peito.
Ventos do norte, serpes de Amerxn!
Desenrolade estas palabras de ouro,
araas doutras praias rumorosas.
Xa os ledos labios da constante estrela
vestan de labaradas os celestes
cmaros de Eirin, a vidrosa deusa,
e revoaban aires coma pombas
sobre as ondas inquedas, que latan
co ritmo do desexo, cando Delgnat,
a soberana augusta, en anos rica
e en flores xenerosa, sobre a area
ficaba ardente meditando soos.
En velas sublimadas as mareas
atravesara xunto a Partholn,
El-Rei e seu marido, en quietude
e bailadas tormentas, procura
dunha rbore de liras soleadas.
Nio vizoso sobre Eirn fixeran,
dubidoso marfil, pazos de neve.
Seores ora das vibrantes follas
que cabalgaban polas pradaras,
e dos carballos, tpedos e cansos,
coa man perenne sobre a fronte esquiva,
homes novos fundaran novo reino.
Armas, ponlas de diamante, lume
nos peitos xa de pedra, e nas miradas
estrelas de conquista! Auga de bronce
nas gorxas roucas de cantar, libada
por sonorosos beizos, mans ao vento,
formas nobres cinguidas ao papel,
todo herba leve para os bois do tempo.
Pero xa Partholn manda nas rochas
dar vida a sa morte, cando o ro
nos msicos arumes entoaba
as voces que atravesan o presente.

Pola beira das augas camiaba


rapaz de ureas meixelas, que inscriba
no torso ilustre fortaleza antiga
de reises abatidos, e nos ollos
silenciosas lagoas afastadas
coma os mares de lonxe. Era escravo
o mis lanzal, seor de ludos peixes
e bacentos licores. A raa,
no sono aberta a cndidas estrelas,
sentiuno coma lume das antergas
mazs perdidas, e en cada un dos pasos
a flor do peito ase aburando
cal fronte deus do manto estrelecido
que abala e que reverte o firmamento.
Erguida, andou os pasos invisibles
e agardou coma pluma no camio.
As ondas, doces frautas amorosas,
as mouras plantas peiteaban canas,
e as brancas palmas atoparon mouras,
para mollar mouros cabelos moles,
clida noite en fedra cristalina.
As Delgnat mirou ao seu escravo,
agora rei, falando suavemente:

<<Neno fermoso, ten, ten os meus beizos,


o meu corpo de nubes, os meus mornos
ollos luares. Que esta soidade
deslea a pel e fai fuxi-lo sangue,
lvanos a alma lonxe de ns mesmos,
a duras rochas e miradas feras,
mentres que a luz do ceo dictamina
a forxa doce e o amor sen nome.
Ten os meus brazos feitos de ardenta ,
e dancemos por claros labirintos
ata que chegue a flor da media noite.>>
Dixo, mais o rapaz estremecido
ficou inmbil, templo de estraeza,
fixa a mirada na alta peregrina,
manancial de mapoulas e azucenas.
O Silencio un anxo de elocuencia:
aos mudos beizos do rapaz responden
as formas da verdade cando a dona
de nboa libres os seus ceos amosa,
fouce de astros fronte terra na.
Cantos luceiros, cantas formas suaves
que na mirada do rapaz arderan,
todas eran xa mrmore calado,
paxaros ora estatuas no seu voo,
e s ficaba mbil unha sede
que acalara os ocanos e os ventos.
Ousado (se que ousado un cego )
achegouse e devoto, coecendo
o clice fervente e renovado.
Espallronse foulas de zafiro
sobre a area incendiada da ribeira,
agora testemuas do designio
do lume, as rosas, o aire e as estrelas.
Rematada a fatiga, sen embargo,
seguiu a doce sede sede rouca.
O mozo unxido, agora corts drudo,
copeiro de purpreos estandartes,
mxico vidro trouxo, urna feliz
co nctar vagaroso dos seores;
e ambos beberon por un ureo tubo
deixando almiscre das cansadas gorxas.
Despois volveron calor da tarde.

De volta o rei da lene cacera,


a sa facenda rica coas preseas
de das maxestades da ribeira,
(de ulicas redes o salmn tentado
antes caeu que de anzol guloso,
e o rexo Emperador s se renda
perante s labirintos do intelecto)
quixo nel as ondinas do seu lquido
tornarlle as forzas e os humores doces.
Pero un spide alado, enrarecido
servo do Enigma, puxo no seu peito
un sospeitoso afn, e, as, bebendo,
achou no tubo o smbolo lascivo,
a audaz querencia da muller e o escravo.
Un lume diferente e rumoroso
coma o vibrar do ferro e do martelo
ardeu polos seus sos duramente:
o engano, a ira, alancan desatados
e a alma, e a lei, os magnos occidentes
recbrense de brtema. Ao saber,
no seu barudo aceiro fa os pasos.
O asalto, coroado de ladridos
e galias que foxen, plumas grises,
mulleres emplumadas, cans escravos,
en vinganza estril, torpe en froitos;
ledo garzn desaparece presa,
e o rei atenaza as fuxitivas
nubes da sa esposa, repetindo
as inscricins da tboa destinada:

<<Grande historia disolves nos teus actos,


Delgnat maldita. Xeracins de reises
e de heroes de frtil corazn
xa desde o berce tes ameazado
coa falla da paz, coa tempestade.
As leis escritas borras do ceo noso,
as fundacins dos pazos, e os arames
nos que tecemos nosa liberdade.
Escrava os celos vlvente, maldita,
a ti, ao pobo, a toda a nosa prole.>>

Mais a raa, con escuras verbas


pretende revocar os vans arcanos,
arcanos vans de fume e falsidade:

<< Partholn infante, que a xustiza


estremeza os teus msculos perdidos,
pois que servo es da morte; que a ferida
ardente e sempre aberta nestes corpos
a soa lei da liberdade nosa.
E a fervenza do sangue pola carne,
como o mel s abellas, leite cuxo,
peixe aos gatos, pan xeneroso,
as para os beizos, e a muller
as para o home sen defensa.
O resto pasto para as negras aves>>.

Non as razns moveron as murallas


do masculino ferro; el, con voz
potente e maxestosa, promulgou
a lei primeira das antigas terras,
nunca antes dita na virxnea Eirn:

<<Grande a ta inxuria, muller mia;


o crime que navega no teu sangue
non ten lmites nin barreiras firmes,
que corrompeu a toda a nosa especie
nos altos nios da primeira idade,
e se repite, sempre renovado,
levndonos irremisiblemente
s fauces tenebrosas dos abismos.
Que cadeas de chumbo no teu peito
aperten, e unha dubia pechadura
gardada por cen mil chaves secretas
mantean lonxe o ceo dos teus brazos
dos homes que pretendan libremente
testa-lo premio sen gardar cadea.>>

E o seu aceiro, lume devalado,


avivouse de novo, e non achando
rapaz fuxido, nas amadas costas
de cadelo caseiro, amigo manso,
abriu funesto paso a mundos novos.
Os soldados, con ritmos falconferos,
plantaron garda para das e noites;
non antes de pasar dez longos anos
atoparan ao mozo; entn, e contra
os signos sinalados das galias,
contra os trazos dos corvos polas nubes,
contra a flor que miraba cara noite,
fixeron cruz do seu corpo perdido.
Delgnat raa, atada e perdoada,
construu un sepulcro nos seus beizos;
diamante mudo de mirar eterno,
tia escritas en cambio algunhas lias,
serpes, araas, ventos, frechas, las,
mortas ou vivas, fras mais acesas,
que soan anda nos nocturnos cantos;
himnos internos, nados para tempos
que vibran coma estrelas entre a nboa.
Di, Amerxn, se algo destas verbas
emerxen do flur do Esquecemento!

<< Furiosas bestas entre labaradas


cabalgan polas nubes, coroas do ar,
de sangue ros que bebeu o fado,
en dous enigmas ou camios, das
caivancas nas que medran varias flores.
Se ben un mesmo, un outro mar silente
no fin e no comezo os alumea.
Ns, follas secas, imos enlevadas,
sen forza propia, pero con espellos
de raios e de mares que reverten
a certa luz do mundo. Tempos veen
nos que un poder na rocha dar formas
que han facer sombra da visin antiga,
os verdadeiros ros, os arumes,
e os carros cubrirn as follas secas.
Terra balda, chuvias perigosas
e ollos feroces para os nosos fillos,
orixinal pecado, se non erro
de lanzas e martelos cara noite.
Pero ha permanecer en ns o ceo
dos dous camios ou do duplo enigma.
E se erguern dos tecedores fados
aqueles que dos fos estelares
os intervalos saiban, e refagan
aquilo que moraba nos seus soos.
Volvan entn os clidos tileiros
esparexer as sas celestes bazas,
e a terra revivir nas sas formas,
e o sol ser libre coma a dorna aquela
que primeiro cruzou as infinitas
silveiras dos confns das alboradas.>>

Lamento de Endimin

Qu sueo es este, amor? Nuevamente regreso,


peregrino de voces imantadas,
a la embriaguez nocturna de los cielos.

Sostenme, blanco viento: velas blancas


al oriente sin nombre dirigidas.
Mi fbula de luces, frente al iris constante,
tirano de demencias, navegando.

En ciega singladura, a las islas tardas


donde vibra el misterio de los clices.
Donde en un renovado banquete de manzanas
los cuerpos se transmigren de pureza.

Pero, dnde el hogar sin noche ni locura?


Dime cmo mis ojos, en tus brazos de sueo,
vern el blanco da y la palabra justa,

peregrina de mi alma, divina ausente, luna.


Memorias mias, ide lonxe de min
onde non poida mis de vos escuitar
os vosos tons de harpa maldita
e a nota azul de amorosos climas.

Que ela convosco non retorna xa mis,


e quero ficar s e, coma os cants,
dos glaucos ventos desta vida
beber a luz e chora-la morte.

La noche alienta leve en el encinar,


y as como las bestias de la cancin
del pastorero anciano, el bho
a meditar su pasin empieza,

que si las dulces aves del Septentrin


debiera l olvidarlas, o que si l
est perdido ya en sus vicios
y ya no hay que ms vueltas darle;

en tanto que de la enramada surgi,


cual una copa de bano y de rub
sangriento, la Esperada, luna
de triste luz que deshoja penas.

El ave piensa ya que poco se da


la muerte o el amor, puesto que al final
guarda ella un vino glauco, pluma
del dios feliz que administra olvido.

Y all el sabio bebe, y el buscador,


y el alfarero y el mendigo y el rey,
y aquella dulce leche, oh dioses,
la madre es del todo y la nada.

You might also like