You are on page 1of 2

NOTA DE PRENSA

Os mozos do PP tamén forman parte das principais redes sociais


facebook e twitter nas que poden sumar novos seguidores

NOVAS XERACIÓNS DE BECERREÁ PRESENTAN


BATALLA EN INTERNET

 http://www.novasxeracionsbecerrea.es/ aspira a converterse


nun referente para a participación e fonte de información
actualizada e permanente en interese da xuventude.
 O presidente provincial, Daniel Vega, e a vicepresidenta de
Novas Xeracións de Galicia, Cristina Rois, arrouparon aos
mozos no acto de presentación do blog ao que tamén
acudiron mozos procedentes dos concellos de Triacastela,
Cervantes e Navia de Suarna.

Lugo, 5 de agosto de 2010.- As Novas Xeracións do Partido Popular de


Becerreá amósanse dispostas a dar a batalla tamén na internet e para iso
convidan a todos os veciños e, de xeito especial, á xuventude local a visitar o
seu espazo blog: www.novasxeracionsbecerrea.es

Malia que a súa presentación oficial para afiliados e simpatizantes


realizouse con ocasión dun xantar de confraternidade celebrado o pasado 3
de agosto, coincidindo coa primeira feira do mes, hoxe quixeron facer un
chamamento a todos os veciños para que visiten este portal cuxa principal
finalidade “é servir de espazo de información e participación, a través do que
poderán facernos chegar todo tipo de suxestións, así como dar a coñecer a
organización político-xuvenil do Partido Popular de Becerreá”.

Novas Xeracións tamén estará presente nas principais redes sociais


facebook e twitter nas que queren sumar novos seguidores. Ademais
incluirán todas as novas sobre actualidade local, disporase dun espazo para
o acceso a través do móbil, enlaces aos álbums de fotos coas distintas
actividades organizadas polo colectivo e numerosos artigos de opinión.
Neste proxecto os mozos populares de Becerreá estiveron arroupados
por unha ampla representación da Executiva de Novas Xeracións da
Provincia de Lugo, incluído o seu Presidente, Daniel Vega e a actual
vicepresidenta autonómica, Cristina Rois. Tamén acudiron mozos
procedentes dos concellos de Triacastela, Cervantes e Navia de Suarna
dándolle ao evento a categoría de xuntanza comarcal.

Na actualidade a directiva de Novas Xeracións de Becerreá está


composta por Fermin Santin Mon (Presidente) Manuel Gonzalez Vilela
(Secretario), Virginia Perez Novelle (Tesoureiro), Javier Alvarez Fernandez,
Alvaro Galvan Montaña e Manuel Fernandez Castro como vogais.

Un saúdo.
Fermín Santín Mon
679 533 754

You might also like