You are on page 1of 12

INTENCIS NA ARQUITECTURA

DE XOSE BAR BOO


XAN CASABELlA LPEZ
Profesor de la E.T.S. de Arquitectura
de La Corua
1.-INTRODUCCIN
Neste traballo pretndese analizar as obras de Xos Bar
luz da teora integrada da arquitectura de Ch. NorbergSchulz. polo tanto un estudo con dous obxetivos: por unha
banda o anlise da evolucin arquitectnica de n dos arquitectos galegos coa traxectoria profesional mais interesante
en canto a cal idade e actitude persoal; por outra, a posta en
practica dun mtodo de anlise que ainda que teorizado en
1967 no libro Intensjoner i arkitekturen (Intentions in Architecture) (1) ainda conserva toda a sa vixencia ao meu xeito de
ver.
Con estes dous campos de actuacin pretendo aportar
algunhas reflexins ao debate crtico e terico da arquitectura
galega e xa que logo universal. Reflexins que sin dbida
resultarn polmicas toda vez que a obra de X. Bar ten suscitado opinis encontradas e as mais das veces incomprensin
e indeferencia.
Nestes derradeiros anos a figura de X. Bar gaou unha
certa actualidade por duas razs moi distintas: por ter sido
seleccionado por dous orgaismos da Adeministracin Central
pra realizar traballos de grande embergadura e compromiso
e que se atopan actualmente sin comenzar por problemas de
propiedade dos terreos nn caso i en fase de construccin o
outro (143 vivendas de proteccin oficial no Polgono de Esteiro no Ferrol e o Pazo de Xusticia da Corua); pero hai outra
razn de maior relevancia terica i o feito de que X. Bar
prefireu a reflexin persoal sobor da arquitectura antes que a
adesin incondicional s sucesivas modas e ismos que coeceu ao longo da sa xa dilatada actuacin profesional. E isto,
decia, un tema de actualidade, pois o debate arquitectnico
de mediados dos oitenta est a precisar de unha profunda
reflexin terica despois da ldica e superficial posmodernidade que xa esgotou o seu corto repertorio e se atopa actualmente utilizando formas cada vez mais devaluadas.
I neste intre en que se apunta como n dos polos de
intencionalidade a reflexin crtica encol da arquitectura rexional cando a arquitectura de X. Bar recupera esa frescura
e inters que por outra parte nunca deixou de ter.

A teora integrada da arquitectura de Ch. Norberg Schulz


distingue na totalidade arquitectnica tres categoras bsicas:

.
1

-,;r
~

... --:J

32

XOSE BAR BOa (Foto: Juan Rodrguez).

o cometido dos edificios, a sa forma e a resolucin tcnica.


Aln destas tres categorias, unha cuarta que l chama a dimensin semntica, ocuparase das relacis cambiantes entre as categorias bsicas, valorando en cada obra ou conxunto de obras a importancia relativa da cada categoria e a sa
axeitada utilizacin. Ademis destas categorias bsicas, existen as chamadas categorias secundarias ou subordinadas entre as que se atoparian: a relacin da obra co entorno inmediato, a utilizacin da luz, a escala, a decoracin, etc.
O mtodo a seguir neste traballo consiste, pois, no anlise por separado de cada unha das categorias bsicas coa
incidencia en cada caso das categorias secundarias en obras
ailladas ou seguindo a evolucin destas categorias en obras
de varios periodos. Posteriormente procdese a un estudo da
dimensin semntica en que se trata de demostrar por comparacin que algunhas solucis especficas poden chegar a
ultrapasar esa condicin pra asumir unha dimensin simblica utilizada pra comunicar intencis, e que caracterizarian un
determinado estilo de facer arquitectura.

2.-COMPONENTES DE COMETIDO
2.a.-Pra entender a arquitectura de X. Bar hai que partir
dun principio fundamental, que non tan obvio como puidera
parecer en principio: a arquitectura debe cumplir unha necesidade. Este principio que podera xustificar tanta construccin vulgar, transfrmase en X. Bar nunha filosofia que ilumina tdalas suas obras, relegando a un segundo plano as implicacis estticas que se derivan da correcta satisfaccin
das necesidades que xustifican a arquitectura.
O control do medio fsico nos dous aspectos que define
Norberg-Schulz de control fsico (factores climticos, luz, sonido, olor, etc.) e no marco funcionl, son as primeiras metas
buscadas nas suas obras.
A casa, prantxase como refuxio e abrigo, dentro daquela filosofia organicista que F. Lloyd Wright definia na sa The
Natural House, pero que ao mesmo tempo nos site nunha
relacin libre e democrtica co entorno. Pnsase de 'dentro
pra fora, tratando de resolver en primeiro lugar o cometido
que provocou a realizacin da obra.
Pero X. Bar moi consciente das implicacis sicolxicas
que condicionan o diseo do marco fsico e que non todas as
persoas necesitan un espacio fsico das mesmas caractersticas, e por iso o primeiro acercamento ao diseo o far a
travs dun organigrama espaco/funcional que ter moi en
conta un memorandum que recolte os factores sicolxicos
mais sobranceiros do futuro usuario. Esta metodoloxia puido
permitirlle realizar solucis bastante singulares que chocarian seguramente a un cliente annimo normal. En todo caso
apntase xa neste nivel de acercamento funcional, unha actitude ante o feito arquitectnico moi precisa, incluso dira cientfica, actitude que pretende acotar con precisin o problema
a resolver, controlando as diferentes variables que van a incidir na sa resolucin.
O medio fsico natural da zona Atlntica, caracterizase
en contraposicin ao Mediterrneo, pola sa potencia e variabilidade. Tanto o clima como a natureza terrestre son unhos
interlocutores humanizacin difciles i a relacin dialctica
con eles ten que ser mais sutil e convivencial que no Mediterrneo. Aqu a forza natural activa e a armonia ca ambente artificial, conqurese na medida en que, como d Wright os
edificios formen parte da paisaxe, parezan brotar armonicamente de l. nesta filosofia que se dese'nrolan todalas
construccis populares do mundo: proporcionarse un cobixo
que posibilite as funcis vitales necesarias aportando a mnima enerxia na loita contra as adversidades naturales. I tamn ah onde entronca a arquitectura de X. Bar.
Con esta filosofa como punto de partida, X. Bar enceta
un camio no que tern cabida innumerables aportacis da
arquitectura mundial non rechazando ningunha que axude a
resolver o problema do habitculo. Non extrao verlle utilizar a planta libre, o Modulor (figs. 1, 5) os trazados reguladores (fig. 17), os prefabricados (figs. 25 e 26), os grandes aleiros (figs. 7, 8, 20, 23, 27, 28, 30), etc.

33

Na intervencin sobar edificios preexistentes X. Bar propn solucis que deixen claro que o tempo da sa construccin discontinuo. o caso da Casa Janei"ro (figs. 27 e 29) en
que a nova edificacin est intencionadamente separada da
primitiva para amasar precisamente esa condicin de engadido nun tempo diferente.
O emprego de certos materiales obedece en algunhas
ocasis a unha necesidade simblica. Tal o caso da pedra.
O que nun principio foi por imperativos (econmicos e de
imaxen) por parte da propiedade, adopta no caso do Pazo de
Xusticia da Corua un rol simblico preciso, ao querer o arquitecto darlle un aspecto digno y perdurable (2) a un edificio que polo seu cometido debe representar a Xusticia na
vida da cidade e da provincia.
3.-COMPONENTES FORMALES
3.a.-No anlise dos elementos formales seguirei un camio diferente ao apartado anterior. En vez de desenrolalo
globalmente, extraendo as intencis referidas ao cometido
dun xeito atemporal, vou a analizar cada obra seleccionada
por separado e seguindo un orden cr<;>nolxico. Os elementos
formales as aillados farn referencia aos estudados por
Ch.Norberg-Schulz.Deste xeito poderanse comparar entre s
e ver o grado de evolucin que foron experimentando ao longo da obra.
- O primeiro edificio que vamos estudar corresponde ao
que est situado na ra Marqus de Valladares en Vigo (3).
(figs. 1, 2, 3, 4, 5, 6). Este edificio de grande importancia no
conxunto da obra de X. Bar tanto por ser a primeira proxectada (ainda na sa epoca de estudante, ca que supn de descarga de todo o aprendido e reflexionado na sa langa etapa
escolar), como por ser unha obra na que X. Bar continuou a
traballar hastra hai moi pouco tempo, e que ainda non ten
rematado. O resultado final, fruto deses dous condicionantes,
moi complexo mais somllame pouco representativo de cal.;.
queira etapa. Non embargantes ten grande importancia como
campo de experimentacin de propostas que lago aparecern
noutras obras.
Apesares de ser un edificio con grandes condicionantes
urbanos (entremedianeras, altura de cornisa fixada, optimizacin do aproveitamento, etc.) o arquitecto esforzouse en deixar claro que o seu posicionamento diante do fenmeno ar.;.
quitectnico non ten nada que ver ca que se estaba a facer en
Galicia, senn que trata de entroncar coas ideas recn descubertas en Espaa do Movimento Moderno e doutras propostas internacionales.
A luz, de entre tdolos factores climticos o que X. Bar
mima mais e a sa manipulacin constituir, como xa veremos, un dos grandes acertos da obra de Bar. A iluminacin
do espacio interior procrase que incida dun xeito indirecto.
Bscase a luz mediatizada ou reflectida dende os materiales
colocados exprofeso. Eses materiales son diversos e cada n
convir nun intre determinado: os cspedes nun controladQ
patio de luces (figs. 3, 4), a fria pedra nunha escaleira (fig. 22a
e 22b) a madeira nunha grande sala de estar (Fig. 24). Outras
veces a luz simplemente filtrada a travs de elementos naturales (Fig. 12) ou artificiales (figs. 28 e 31). Sobar do problema da luz teremos que voltar mais adiante pero agora compre dicir que n dos factores que mais influen hora de
disear a organizacin das vivendas.
Outro dos factores que influen decisivamente neste arquitecto, a relacin do edificio ca seu entorno lonxano e
inmediato. Esta relacin pnsase de dentro pra tora. Interesa
a paisaxe na medida en como ela vista polo usuario. O
aproveitar unhas boas vistas tan importante en algunhas
obras que non lIe importa sacrificar outros aspectos da mesma. Ese o caso do edificio en esquina Garca Olloqui/Luis
Taboada (fig. 25 e 26) en que a sa forzada situacin obrigou
a alterar sustancialmente a fachada pra conquerir unhas boas
vistas da ra de Vigo.
Pero, ademis da relacin entre vivenda e naturaleza,
existe a visual do usuario cos vicios. Este aspecto da rela34

f'..

l.O

o
z

<{

o
C'

:>

te{
>-

Cl
--1

::J

C'

en
)

>-N
w
ro::J

-o
f'..N
en
<{>
0::

:::::len
~<{

u..

cin co entorno que X. Bar tivo que resolver a miudo, pois as


suas obras caseque nunca se atopan en idlicos lugares, senn que son edificios urbanos ou casas en urbanizacis,
obxeto de atencin e reslvese o problema na medida que
ste afecta intimidade da vivenda. Algunhas veces esta resolucin participa na estructura organizativa do edificio, como o caso das salas de estar volcadas a un patio privado
(fig. 4 e 5), outras afecta conformacin da cuberta e fachadas (fig. 23 e 24) e outros provoca a aparicin de novas elementos en fachada (tapavistas) (fig. 26).
A intervencin a media ladeira prodcese normalmente
escalonando o edificio de xeito a conquerir unha armnica
relacin entre exterior e interior en cada punto de inters.
2. b.-O medio social e a simboloxa cultural
Nas obras analizadas ntase unha grande preocupacin
por este tema. De feito, cada obra responde imaxen cultural
preexistente. As, as sas casas dispoen dos elementos caractersticos pra parecer un confortable fogar (aleiros, xardineiras, etc.), en troques nos seus edificios pblicos procrase
un ha certa monumentalidade propia dun espacio singular e
representativo.
Outras veces o lugar de ubicacin.o que pode chegar
a condicionar a imaxen do edificio, como poderia ser o caso
do Policlnica CIES (fig. 15) cuia figura tan singular responde
creacin de un hito nun nudo de trfico tan importante.
No diseo do espacio relixioso confrmase o edificio (fig.
17) en base a unha rigurosa teoria xeomtrica e de relacin
numrica, facendose eco de toda a carga de simbolismo esotrico que este tipo de trazados representou ao langa da his-"
toria da arquitectura universal particularmente na conformacin deste tipo de espacios.
A superficie lmite articlase en base s bandas paralelas horizontales que tanto lIe gastan a X. Bar. Ademais, a
banda opaca est construida con pastas de granito (en bandas paralelas de novo), material que nos aparece por"primeira vez, ainda que xa tia sido utilizado antes en obras non
comentadas neste artigo, particularmente nos Bloques de vivendas do Patronato de Casas Militares de Pontevedra.
A eirexa da Parroquia de Nasa Seora das Neves (Fig.
16, 17, 18 e 19) paga a pena traguela aqu porque a sa orgaizacin en planta presenta unhas elaboradas relacis xeomtricas que nos fan pensar que se trata doutro experimento.
Anteriormente X. Bar tia utilizado relacis xeomtricas pra
ordenar algunha fachada ou planta, pero non eran stas fundamentales naquel proxecto, senn unha axuda mis. Non
embargantes, esta obra podera decirse que a xeometra
construida. Pero, qu xeometra? A diferencia dos trazados
reguladores que basados no Modular divulgou Le Corbusier,
X. Bar desenrola unha xeometra dinmica, no sentido de que
a partir dun ncleo exagonal os trazados teen un crecimento
cristalino segn os radios do ncleo. Este crecimento que
sera ilimitado posteriormente contido por outra figura tamn xeomtrica. Esta concepcin da xeometra xeneradora,
ten moito mais a ver coa practicada polos gremios Ma9ns na
construccin das catedrales gticas que a preconizada polo
mestre suizo, porque se basa en angulas e direccis ( imitacin da vida vexetal), antes que en proporcis (martas) de
medidas.
A fachada principal compnse en base a unha acentuada
simetra que X. Bar reservar caseque exclusivamente para
os edificios pblicos. A textura dos muros ~rabllanse nun
grabado de baixo releve que lIe quite a dureza que poderan
darlle os planos lisos. Aa mesmo tempo posibilita que a iluminacin solar transforme a fachada ca seu movimento diario.
A casa Horyaans (Fig. 23, 24) con un programa moi someliante Casa Vzquez xa comentada, supn non embargantes unha actitude moi diferente. A masa, aqu, prantxase con
intencin de unidade, pero non como un todo monoltico, senn formada por superficies activas, senda a cuberta a que
contribuie dun xeito mais decidido a esa unidade. A cuberta,
nefeuto, prolngase palas fachadas laterais da casa deixando
claro a sa condicin de casa con dous frentes e un eixo
(cancela - claraboia - chimenea ou acceso - vista da ra). Eixo

o
z

CJ

:>
<i.

....J

t-

"C/)

a..
~

W
Q

a::

a..

u:

es
w

35

que se nega a posteriori en algunhas ocaslos por motivos


funcionales, como parece ser o xiro que se lIe da cancela
pra primar unha das portas de acceso sobar da outra de servicio.
O espacio interior responde a esa espectativa unitaria
que nos anticipaba a masa exterior e asemade o teito o que
protagoniza este rol totalizador apoiado pala sa configuracin quebrada e pala luz indirecta. E unha vez mis, X. Bar
trata de sorprendernos con falsas realidades, porque a grande lmina da cuberta, dende o interior da a impresin que
flota derriba dunhas paredes que non a chegan a tocar e con
unha luz de procedencia descoecida. Aqu s que X. Bar se
fai eco daquela frase de Le Corbusier de que o arquitecto
ten que ser un estratega teatral.
O xesto enftico e de aglutinador vertical do conxunto
monoltico asumido pala chimenea de ladrillo (chimenea
que nos lembra na forma e material da casa Herbert F.
Johnson -1937- de Frank Lloyd Wright). A chimenea, tanto
polo singular material empregado, como pala sa simple condicin de conductor de fumas, debera atravesar limpiamente
a carcasa da cuberta (rodeada de cristal), pero pra evitar
actitudes que poderan ser interpretadas como elitistas, X.
Bar decideu resolvela como se aprecia na foto. O resultado
para aln do peadoencontro entre a superficie quebrada de
madeira e o volumen cilndrico de ladrillo, resntese no ambiguo papel que representa, entre a sa condicin de chimenea
e a posible interpretacin como elemento estructural.
A casa Samuel Janeiro (Fig. 27, 28, 29, 30, 31, 32) ~nha
das derradeiras obras construidas de X. Bar. En realidade
trtase da reforma e ampliacin dun antigo chalet. O inters
que ten pra este estudo o de amasar cal a actitude do
autor ao intervenir con arquitectura preexistente.
A filosofa coa que se acercar a un proxecto dese tipo
xa fora exposta na Memoria da Biblioteca A. Palacios en Porrio al polos anos 1970 (5) integrar la obra preexistente en
otra, de tal manera que la anterior rigiese arquitectnicamente la nueva edificacin pero eso non ser obstculo pra que
X. Bar non se vexa supeditado a estticas imitativas l ya se
expres, el que ahora se expresa soy yo.
A intervencin consiste neste caso nun novo edificio de
caractersticas formales diferentes ao preexistente, unido por
un elemento inmaterial que evitar todos os problemas de
continuidades de material, estilsticos, etc. Cada edificio expresarase libremente coas sus propias reglas. Na lingoaxe de
Norberg-Schulz diriamos que a relacin topolxica que se establece aditiva e concretamente de sucesin de elementos.
Pero hai outra relacin de gran importancia i que a integracin se produce por contraste, otorgndolle predominancia
antiga edificacin, como xa acontecera na xa mencionada Biblioteca de Porrio.
O novo edificio, cecais pra compensar o perdido chan,
adopta a forma de xardn suspendido. Dese xeito, o arquitecto
altera sustancialmente a percepcin clsica da arquitectura
como obxeto emerxente, pra ofrecer un habitculo prcticamente enterrado. Os cerramentos perden importancia como
tales e o espacio brese ao resto do xardn amosando a sa
condicin de templete (individualizacin dos soportes, cerramentas que non chegan cuberta, ambivalencia da chimenea, continuidade do xardn exterior no interior, etc.).
Na reforma do edificio preexistente, engadiuse unha escaleira de caracol na fachada posterior, o que obrigou a unha
alteracin sustancial da mesma as como da cuberta. Iso repercute ao meu xeito de ver na percepcin unitaria do antigo
chalet e crea un carpo intermedio de superficies curvas extraas s suas reglas e de lectura desvaida e confusa.
3b.-0 Estilo
Como conclusin do Anlise formal das obras seleccionadas de X. Bar, vamos a tratar de enumerar unha serie de
temas formales que aparecen reiteradamente nelas e que poderamos considerar como conformadores do seu estilo. Pero
en primeiro lugar convn aclarar o significado deste concepto
segn o entende Ch. Norberg-Schulz (6): unha forma somente pode recibir un contido si pertenece a un sistema de for36

FIGURAS 11, 12, 13 Y 14: SANATORIO


NEUROSIQUIATRICO EL PINAR.
MEIXUEIRO, VIGO. ANO 1965.
FIGURA 15: POLlCLlNICO CIES, AVDA.
DE MADRID, VIGO. ANO 1967.

mas. iste sistema o que chamaremos estilo. Polo tanto non


pretendemos analizar unha obra por separado senn en canto que un peldao, un, experimento no conxunto de unha
evolucin, pois como d tamn Norberg-Schulz unha obra
somente adequire un significado dentro de un sistema de formas, polo tanto incorrecto falar de formas significativas independentes.
Si na obra de X. Bar existe un sistema articulado ou difuso de formas e smbolos, si ese sistema coherente, si est
incompleto ou integrado en algn outro xa elaborado, sera
unha das mais importantes conclusis que poderamos extraer deste traballo. Pero ainda seria prematuro avanzar conclusis, porque falta por analizar aspectos importantes, polo
de agora vamos ver cales seran os temas formales xa mentados:
-As composicins volumtricas orgazanse en base de
masas fragmentadas creando estructuras formales de tendencia ascendente. (Fig. 1, 7, 11, etc.) nas primeiras obras
comentadas.
-A disposicin das masas procuran acadar efectos de
equilibrio topolgico dinmico (asimetras, planos inclinados,
etc.) (Fig. 1, 11, 7, 16, etc.), mais claro nas primeiras obras.
-Bsqueda de efectos visuales que cuestionen a percepcin normal da realidad e (masas pesadas que flotan,
xardineiras encastradas no plano de vidro, espacios mais
grandes do que son, etc.), creando situacis ambiguas" que
sern utilizadas con outros fines. (Fig. 1, 1a, 9, 12,31).
-Interpenetracin dos espacios sobre todo na relacin
interior/exterior (Fig. 2, 3, 5, 8, 11, 13, 25, 26, 31, etc.)
-Utilizacin da chimenea como elemento centralizador
no espacio e organizador/gua nas masas (Fig. 6, 7, 14, 23a,
27, 28, 31 etc.)
-Utilizacin de aleiros pronunciados nos edificios de vivenda (obsrvese que non son utilizados nos edificios pblicos polo que deducimos que non teen un papel estrictamente constructivo) (Fig. 1, 7, 8, 10, 20, 23, 26, 27, 3,0, etc.)
-Despegue do edificio do chan (Fig. 7, 12, 15, 23, 30,
etc.)
-Incorporacin de elementos orgnicos como consustanciales da forma final. (Fig. 3, 4, 8, 14, 21, 24, 27, 28, 30, 31,
etc.)
-Fragmentacin das superficies en bandas paralelas
(Fig., 1, 2, 7, 15, 16, 20, 22a, 22b, 25, 26, etc.)
-Fragmentacin en superficies quebradas (Fig. 2, 10, 17,
23, 24, etc.)
-Creacin de subespacios variados dentro dun mesmo
ambente, xogando cos grados de cerramento, alturas, incidencia, la, tratamento das superficies, etc. (Fig. 2, 4, 9, 24,
31, etc.).
4.-COMPONENTES TECNICOS
En canto dimensin tcnico-constructivo, X. Bar utiliza

16
preferentemente os sistemas de esqueleto (a base de esteos
e trabes) diferenciando os elementos de soporte, cerramento
e cubricin. Somente en algunhos casos se utiliza unha mistura de sistema masivo (muros de carga) e de esqueleto (Fig.
7) ou somente sistema masivo (Fig. 16).
O sistema de equeleto, que X. Bar toma do Movimento
Moderno, interpretado de acordo coas orientacis crticas
que chegan de Europa. A retcula estructural de esteos e trabes, ainda que separados do cerramento non xogan un papel
activo dentro da planta, senn que son revestidos e camuflados na casa de Marqus de Valladares (ver planta). En xeneral pode decirse que os elementos de soporte limtanse a
desempear un discreto papel e non son obxeto de grande
preocupacin por parte do arquitecto. Non acontece as cos
elementos de cerramento que son motivo da maior parte das
investigacis de X. Bar. Nefeuto, as provas que vai realizando
neste campo son moi oscilantes e van dende o uso de elementos convencionales utilizados dun xeito moderno (Fig.

37

1, 10) dentro do espritu da expresin slido contra vidriado


do edificio da Villa Radieuse, hastra remedando formas sacadas das arquitecturas que se ademiran (Fig. 11, 12).
Non embargantes, as investigacis dos elementos de cerramento acadaron ben pronto resultados satisfactorios e moi
orixinales co emprego de pastas de granito. Esta tcnica
constructiva da obra de X. Bar, que constituie pra min n dos
aspectos mais interesantes, foi desgraciadamente mal comprendido polo crtico M.A. Baldellou (7). por este tono polmico que desperta, que nos irnos deter no seu estudo.
O emprego de pastas de granito obedecen filosofa
de aproveitamento moderno dos recursos naturales e tecnoloxa popular, filosofa que me parece perfectamente vlida
nun pas perifrico e na que estuvo empeada tamn Alvar
Aalto coa recuperacin da madeira, James Stirling na primeira poca cando seguindo a Le Corbusier insista na recuperacin da construccin verncula en ladrillo con novos principios, etc. As pastas teen tdalas ventaxas de calqueira
prefabricado lixeiro de tecnoloxia avanzada: repetitividade,
doada colocacin, baixo precio e boas condicis aillantes. Pero ten ademais tres ventaxas respecto dos prefabricados industriales que son: unha grande durabilidade xa recoecida,
unha agradecida textura, e mao de obra especializada na manipulacin do material. Estas ventaxas obxetivas colocan as
pastas en ptimas condicis constructivas i econmicas para o seu emprego como elemento de cerramento en Galicia.
Faltaba resolver os detalles do encontro das pastas cos
novos materiales e acadar a continuidade da parede. Ese foi
o reto de X. Bar, e non parou at ofrecer a sa solucin, que
non quere dicir que sexa a millor nin a derradeira.
Pois ben, apesares de M.A. Baldellou recoecer algunhas destas ventaxas, descalifica o emprego de pastas como
elemento de cerramento, considerando que resulta estticamente antiptico el uso de la piedra sin funcin mecnica e
apostillando que si se aprecian los materiales tradicionales,
habr que respetar su tradicional empleo (7).
.
Esta opinin, que ns calificaramos como tre"mendamente conservadora, parece que esquence un dato revelador para entender o porqu do uso das pastas como cerramento
e sin funcin mecnica na edificacin i que stas son utilizadas tradicionalmente como cerramento de cabanas e fincas
en cseque todo o sul de Galicia e Norte de Portugal.

\/

450

ALTAR

TABERNACULO

5
6

.AlDAQUIHO

AMBON

CORO

IAPTlsnRIO

PANTAL LA

CONFESIONARIOS
SUSPENDIDO

DE MADERA

ttoO

SEC. - JARDINERA

....... ,'.

38

-'

FIGURAS 16, 17, 18 Y 19: EIREXA PARROQUIAL


NaSA SRA. DAS NEVES, TEIS, VIGO. ANO 1968.

En canto primeira afirmacin de Baldellou, evidente


que X. Bar non busca resultados estticamente simpticos,
senn cerrar a vivenda. Pra eso utiliza sinceramente as
propiedades fsicas e as leies que o material lIe proporcionan, dentro daquel espritu que Mies Van der Rohe explicitaba en 1923 a forma non o ouxetivo do noso traballo, somente o resultado e ademais o meu enfoque da arquitectura est influido polas propiedades fsicas dos materiales
que utilizo. Foi esa actitud sinceira e progresista que as
veces supn unha bofetada no gusto establecido que fixo
posible que a arquitectura rompera os corss e tics estticos
do eclecticismo decimonnico. Pra rematar, valera a pena de
comparar o estado de conservacin dos cerramentos prefabricados do Polideportivo de Pontevedra de A.. de la Sota de
1966, hoxe en estado tan deteriorado que provocou o encargo
dun proxecto de rehabilitacin, e as casas militares na mesma cidade e do mesmo ano de X. Bar que se atopan en perfecto estado de conservacin.
A utilizacin das pastas sufreu unha constante experimentacin nas sucesivas obras de X. Bar. Resalto dende o
primeiro intre o encontro lateral dos elementos, mantendo a
pedra ca seu perfil natural, as variacis' realizronse no encontro cos elementos portantes (forxado), e cos ecos, nas resolucins das esquias, nas combinacins dos granitos (color
rosa no exterior e gris no interior nas casas militares de Pontevedra), e en conquerir outros tipos de cerramento como o
ventilado, etc.
O inters de X. Bar pola investigacin dos cerramentos,
veuse colmado co encargo do MOPU pr construccin de 143
de vivendas subvencionadas no Polgono de Esteiro (Ferrol)
ca ouxetivo fundamental do control higrotrmico deste tipo de
edificios. A conclusin do traballo levouno a propoer unha
xanela prefabricada inclinada pra fora (xa experimentada en
outras obras) que evitara a entrada de humedade exterior
con un coste econmico moi reducido.

FIGURAS 20, 21 Y 22: EDIF. VIVIENDAS SUBVENCIONADAS COOP. SAN


JOSE OBRERO, COlA, VIGO. ANO 1969.

S.-A DIMENSION SEMANTICA


Deica agora o estudo consisteu en analizar por separado
cada categora bsica nunha obra ou no conxunto seleccionado de obras. Faltara agora facer balance de cales son as
relacis semnticas entre o cometido, a forma e a tcnica nas
obras de X. Bar.
A palabra semntica denota a relacin entre o signo e
o que designa. Na arquitectura dase por sentado que a realizacin tcnica e formal dunha obra pn de manifesto que
existe un contido. Pois ben o p~opsito da investigacin semntica explicar estas relacis mutuas; as como presentar
algunhas conclusis sobor da capacidade dos sistemas tcnicos e formales, dicir, sobar da sa facultade de resolver
cometidos (8).
En primeiro lugar convira preguntarse qu relacis
existen entre a forma e o cometido nas obras estudadas de X.
Bar? Imos tratar de responder a esta pregunta refirndonos
particularmente ao caso das vivendas. X. Bar acomete o diseo da casa despois de definir claramente cal o programa
que se lIe pide e cales son as peculiaridades sicolxicas dos
futuros usuarios. A forma por l. proxectada trata de dar resposta en primeiro lugar a esas necesidades prantexadas evitando en todo intre tomar formas prestadas (o que s toma
prestado son ideas) doutros arquitectos ou da historia da arquitectura. Aparentemente se Ile podera aplicar, pois, aquela
famosa frase funcionalista de que a forma sigue funcin,
pero veremos que non exactamente as de simple. Profundizando mais na sa obra decatmonos que X. Bar moi conscente de que a arquitectura non somente enmarca as funcis, senn que participa activamente nas nosas necesidades e que polo tanto se percibirn sempre con un significado. En resumen, pensamos que aquela afirmacin funcionalista estara cornpletada en X. Bar por esta apreciacin toda
casa simboliza aspectos de ouxetos culturales bsicos pra un
xeito de vida (9).
Formalmente a grande masa do edificio divdese en altu-

ra en tres partes correspondendo cada unha a un cometido


diferenciado (comercio, oficias e vivendas) i en profundidade en duas, materializadas polo desfase que presentan os
forxados. Na parte superior, que corresponde s vivendas, a
masa affase con un patio, pra permitir a entrada do sol. O
tratamento das paredes do patio mediante paredes de vidro
transformao no autntico protagonista do espacio, ao mesmo
tempo que consigue que a vivenda se agrande e gae en
profundidade. Esta orgaizacin da planta ao redor dun patio,
a carn das, prolongacis do interior en terrazas semeadas de
csped, fai que estes pisos funcionen como chalets ao nivel
do chan.
Os espacios procuraranse fluidos, interpenetrados, pero
non de un xeito esquemtico, senn recollendo e dndolle
solucin s diferentes necesidades dun programa, convencional de vivenda. Pr organizacin das plantas, utilzanse elementos moi en boga neses intres polos arquitectos do Movimento Moderno (rampas, paredes mviles, descomposicin
das carpinterias segn o Modulor), pero X. Bar asmeos como seus na medida que satisfacen plenamente os seus obxetivos do espacio fluido. Non embargantes, os lmites do espacio vanse definindo non como transcripcin literal do aprendido, senn como recreacin constructiva de cada superficie.
39

En efecto, cada plano asumir ade.mais do seul rol de separador algns cometidos engadidos que se incorporarn na lxica constructiva do elemento. Veremos aparecer as tabiques
- escaleira - estanteria, tabiques - armarios (estes ltimos xa
utilizados por Le Corbusier) (Fig. 2), etc. A carn dstes, hai
outros tratamentos mais prximos do lxico organicista como
serian o recubremento con falso teito quebrado das vigas do
forxado, a ambiguedade do lmite da fachada con xardineiras
encastradas, as diferentes texturas que lIe dan aos ambentes
un aspecto variado, etc. Podera decirse que neste edificio
aliamos unha oscilacin entre o tratamento racional e abstracto do Movimento Moderno e os detalles, textural i esmerados na sa resolucin e nos materiales elexidos, que nos
lembra propostas da arquitectura orgnica.
Outro aspecto significativo deste edificio a articulacin
das superficies e particularmentea da fachada principal (fig.
1). En realidade mais que unha superficie, a fachada o resultado da superposicin de un prisma de vidro cortado por
bandas paralelas que pala sa parte definen un hipottico
volumen superposto ao anterior. Intersame particularmente
esta definicin tan xeneralista porque as englobaria a articulacin doutras utilizadas tamri por X.. Bar (tabique separador
da sala e cocia (fig. 2), escaleira de subida terraza (ver
alzado), etc. e como veremos mais adiante volver a aparecer en outras obras.
Outro aspecto interesante da fachada constiteo o xogo
musical ascendente que interpretan as superficies opacas sobar o fondo relativamente neutro (con pequenas variacins
asumidas polo sistema coordenado do Modulor), da superficie de vidro. Os elementos opacos interesa que perdan o seu
aspecto pesado que se derivaria da sa condicins constructiva (eliminase a sa base de sustentacin con xanelas) e
pasan a flotar ao antoxo da composicin e das necesidades
funcionales. interesante suliar esta idea porque ser esencilmente a mesma que se utiliza ao empregar pastas de granito como cerramento e que xa comentaremos mais adiante~
Na Casa Vzquez (figs. 7, 8, 9) a orgaizacin das masas
(defiidas por outra banda de xeito difuso) fusinanse en bandas horizontales nunha secuencia dinmica ascendente guiadas pala masa vertical da chimenea. A relacin continua entre interior e exterior n dos logros mais importantes desta
casa. Esta procura que atopamos a miudo nas obras de Frank
Lloyd Wrigt dos anos 30 sabiamente desenrolada por X.
Bar. Os grandes aleiros e pergolas, que prolongan para al
dos cerramentos os falsos teitos de madei ra, a estratxica
abertura dos ocas (que ensanchan o espacio e producen a
sensacin de que flota a cuberta) e o emprego unitario de
madeira e granito fan que sexa moi peado o situar a fronteira
entre os dous ambentes.
O edificio da Plaza de Compostela (lig. 10) ten inters
traguelo aqu porque apesares de tratarse dun edificio comercial e polo tanto moi condicionado, X. Bar esfrzase por experimentar dun xeito moi persoal os materiales ao uso neste
tipo de obras, como foi neses anos o muro cortina. Por outra
banda intntase integrar unha fachada excesivamente desproporcionada nun ambente urbano tpico de Centro Histrico. A proposta da fachada consiste en quebrar a superficie da
mesma en dous planos oblicuos. Deste xeito e a consecuencia da reflexin da luz a fachada variar ao langa do dia
conforme a posicin do sol. Unhas masas suspendidas de
pedra servirn de contrapunto tersa e leve superficie de
cristal e fragmentarn as proporcis da grande fachada. Vemos que na composicin desta fachada se utilizan recursos
moi somellantes casa de Marqus de Valladares xa comentada, pero hai duas diferencias importantes que vale a pena
sinalar: unha a disposicin rixidamente simtrica da mesma, hasta o punto que se pode considerar unha excepcin,
pois como veremos, este recurso compositivo somente utilizado pra resolver fachadas simbolicamente importantes; a
outra diferencia est na cornisa. Mentras que naquela casa a
cornisa o remate da composicin ascendente, nesta e apesares da sa direccin singular (que contrasta coas lneas
oblicuas do resto da fachada) a cornisa constituie un freno

40

23

S
<i

o
o
...J

ON
b;

...J
...J

a:

...J

o~

~;

UJ
o

CJ

c/)

...J

Z'

~
O>
>--r-

0:0
Oz
I

o-':0e!)
~>
5<i
0

00
UJO

zm
UJ
~

oo

0-

(1)0

:3

o>

UJO

e!)

0-:
ID

>-

>-

M
N

00

a:

:J

e!)
:

ll)

en

a:

:J

e!)
:

ambguo pois deter apenas a ascensin das masas de pedra


e deixar continuar (simbolicamente marcada na carpinteria
central) os planos de vidro, deixando claro que a casa contina.
O Neurosiquitrico El Pinar (fig. 11, 12, 13, 14) supn un
novo experimento na carreira de X. Bar en canto ao uso de
materiales, i o emprego de ladrillo cara vista. A ubicacin
singular e o programa posibilitan unha arquitectura esencialmente volumtrica e sin os condicionantes urbanos das outras obras importantes. Aqu a arquitectura enfrntase directamente coa natureza e X. Bar vai dar renda solta a todas as
suas inquedanzas nese campo.
O edificio confrmase en duas partes claramente diferenciadas nos materiales. Un basamento de pedra/formign que
integra o edificio no seu entorno e un corpo de ladrillo con
unha composicin prismtica de caracter ascendente. O obxetivo do conxunto seria conquerir unha silueta quebrada que
negara a posible figura singular que a enorme masa a construir poderia provocar na ladeira do monte. Ao mesmo tempo
posibilita a sa vocacin integradora na escalonada conformacin da paisaxe ondulada.
A disposicin das masas reslvese, nas costas do edificio
como un xogo aditivo de prismas en composicin ascendente
(fig. 11). A idea de masa compacta acentuada aqu pola
disposicin anrquica dos irregulares e pequenos ocos. Pola contra, o frente do edificio (que non corresponde curiosamente ca acceso) brese regular e xenerosamente sobor da
cidade de Vigo (fig. 13).
Os lmites do espacio interior procranse facer indefini-'
bies prolongando ste no exterior a travs de amplas zonas
de transicin e vicevesa. Aparecen as numerosos pequenos
espacios ambivalentes moi propios da arquitectura tradicional galega como sn porches, galerias, etc.
En algunhas partes deste edificio ntase a lectura atenta
das obras de Alvar Aalto, sobar todo do Axuntamento de Saynatsalo, influencia que atopamos por primeira vez nas obras
de X. Bar.
No Policlnica elES (fig. 15 e 15a) todo o edificio asume
decididamente o caracter de figura nodal que a ubicacin lIe
ofrece. Este cambio de actitude con un programa tan someliante fainos pensar que o lugar onde se vai a situar a obra
influie poderosamente en X. Bar hora de proxectar e aquela
afirmacin sa de que concibe o edificio de dentro a fuera:
el continente es funcin del contenido (4) relativa e cecais
non tea sempre o nlesmo siificado ao longo da sa obra.
A obra presntase con un forte caracter unitario ao que
se Ite engaden ou sustraen elementos secundarios. A lectura
volumtrica potnciase con un eixo de elementos simblicos
(entrada - ascensor - sala de operacis). A composicin
pechada, dicir con principio e fin (cornisa) resultndolle moi
peado engadidos posteriores. Hai nesta obra unha grande
preocupacin por conquerir que o edificio tea unha forte e
flexible xeometria propia que permita variantes i excepcis
sin alterar a idea do conxunto. A planta adopta unha figura
impura, o ovalo que diluie en catro puntos a sa centralidade interior, e xenera dous eixos xerarquicamente diferenciados.
Desenrolando mais o estudo das relacis semnticas entre forma e cometido, poderamos distinguir dous niveles nesas relacins: un primeiro nivel que sera a conexin emprica. Esta conexin supn que as formas poel'1 de manifesto o
que se pode facer en relacin a elas. No caso do ouxeto arquitectnico supn verificar que ste acta como un filtro
que transforma as condicis xeogrficas existentes pra facilitar un ambente propicio a cada cometido. No caso das obras
de X. Bar satisfcese plenamente este nivel causal con unha
resolucin axeitada de grandes aleiros e xanelas inclinadas e
minuciosa no detalle pra evitar a entrada de humedade no

<3
O

a:
W
z

<.(

-,
--J

W
:J
~o>
<.(r-

(/)~

<.(0
(j)z

(3<.(

.. o
M(!J
>->

00
('f)o
~w

~:3
05<.(
C\J

r--: 0

(1)
(2)
(3)
(4)

Intenciones en Arquitectura. Gustavo Gil. Barcelona, 1979.


Da memoria
Ver Planos e Memoria en Obradoiro n.o O.
Obradoiro n.o O. Pxs 70 e 71.

C\J(j)
(j)W

<.(:J

c.r:O

::>a:

(!J<.(
U::~

41

interior da casa; coa busca de un bon soleamento que acondicione termicamente o interior; coa separacin do chan pra
fuxir da humedade latente no terreo; coa busca de unhas
boas vistas que axuden a disfrutar da natureza; con unhas
conexis ca entorno inmediato que taigan sentir a casa como
continuacin do medio natural no que est asentada. Pero
tratar de evitar tamn as diferentes molestias que poidan
afectar aos usarios na sa libertade ntima como seria defender a intimidade de posibles aliadas alleas, etc. A satisfaccin formal de estas necesidades dselle unha orgaizacin
que corresponda estructura funcional (similaridade estructural). decir que en calquera casa de X. Bar queda claro
formalmente que o espacio do estar-chimenea o ma;s importante porque ah posiblemente ande tean lugar os encontras da familia, etc.
Un segundo nivel sera cando nos preguntamos cmo se
establece a dimensin semntica. Ou noutras palabras cmo
se produce o significado simblico das formas fsicas? No
caso de X. Bar e a travs dos exemplos expostos, atopamos
algunhos elementos convencionales que son os portadores
desa carga simblica que conectar coa estructura de obxetos superiores comprendidos no cometido implicado. Tal sera o caso dos aleiros. Parece obvio que eses elementos non
desempean un rol estrictamente constructivo ou de proteccin da fachada, porque curiosamente non os atopamos endexamais nos edificios pblicos, que nesas obras non se
necesita desa proteccin?
Esa restriccin dos elementos somente en edificios de
vivenda fainos pensar que est motivada principalmente 'por
motivos simblicos e porque popularmente o aleiro transmtelIe casa o significado de ben protexida. Non pasaria o
mesmo nos edificios pblicos e Monumentos ande se buscara outros valores mais elevados e que xa comentaremos.
O mesmo cabe dicir das xardineiras que X. Bar coloca reiteradamente nas casas por l proxectadas. Tratarase no fondo
de recuperar unha imaxen convencional que popularmente se'
asocia ca benestar e o confort.
Da combinacin de estos elementos causalmente determinados e signos convencionales, vanse conformando unhas
formas cnicas caractersticas das casas de X. Bar. Un bon
exemplo seria a foto da Fig. 32. Outro exemplo seria o tratamento da superficie exterior do edificio. Adoptando a pedra
pra darlle dignidade e permanencia, utilizase en pastas por ser elementos naturalmente prefabricados e dar unha articulacin en bandas paralelas e plsmase o forte contraste entre a superficie rugosa e tersa dos dous elementos
fundamentales da fachada (pedra e vidro). A Fig. 33 sera, sin
dbida, a forma cnica mais elaborada.
Outro aspecto a considerar seria o estudio dos signos
convencionales nos edificios pblicos e Monumentos. ste
un aspecto que preocupa a X. Bar hora de acometer o proxecto dun edificio que vai a ser utilizado polo pblico. Sern
moi coidados tdolos seus aspectos funcionales e tcnicos
pero sobor de todo a sa imaxen e simboloxa, poendo especial nfasis en que o edificio represente aquelo pra o que foi
proxectado. concretamente na eirexa da parroquia de Nasa
Seora das Neves, si nos detemos no estudo dos tra.zados
xeomtricos, poderemos decatarnos que no fondo todo se xenera a partir dun tringulo equiltero e dun exgono regular
e toda a composicin rematar cara aos bordes noutra figura
xeomtrica pero irregular e adaptada parcela. Non esto
unha clara referencia ao misterio da trinidade e da verdade
absoluta que de l dimana, que se ir deformando conforme
influenciado palas circunstancias terreas? Pa.rcenos claro
que esa composicin a base de tringulos que conecta coas
composicins ad triangulum dos constructores das catedrales gticas non ser somente un mero capricho xebmtrico,
senn que responde a unha simboloxa precisa, da que se
vale X. Bar pra representar icnicamente unhos valores relixiosos.
O proxecto do Pazo de Xusticia da Corua (10) e que aqu
somente amasamos algunos documentos (Fig. 34 a 35) un
ban exempla pra ver as preocupacis de X. Bar pala bsque-

42

FIGURA 32: CASA VAZQUEZ.

r-"'-------------.33

da dun novo espacio tipolxico que represente a Xusticia na


Democracia. Abonda pra amosalo a seleccin de algunhos
prrafos sacados da Memoria do mesmo: la concepcin del
edificio es una del iberada enfatizacin del orden y de la jerarqua, porque slo la plena asuncin de la jerarqua hace posible la justicia, y el orden, necesario en cualquier edificio, aqu
se caracterizar por no ser centrpeto, absolutista... Por el
contrario el desarrollado en este proyecto, es el que va de la
periferia al centro, un orden democrtico, para uso de todos.
y todo esto ha de expresarlo el contenedor en donde la justicia se practica.
Faltara derradeiramente preguntar cal a relacin entre a estructura formal e a tcnica na obra de X. Bar? Polo at
agora analizado vemos que se buscan volmenes definidos
por superficies esfoliadas en releves, evitando as masas duras invariables ao paso da luz. Est~s superficies son insistentemente buscado ao longo da sa obra con diferentes solucis tcnicas, lembremos senn o tabique da Fig. 2, a parede
do fondo da Fig. 6, o despece da pedra nos muros de carga
das Fig. 7 e 9, o ladrillo do Neurosiquitrico, as pareces da
Eirexa (Fig. 16), os bloques de formigon blanco estriado Fig.
27, e finalmente as varias paredes de pastas. Por eso non
debe extraarnos o ben recibido que foi esa solucin nunha
sensibilidade abonada como a de X. Bar. Pero que ademais,
as pastas estn suspendidas como tamn o estn as masas
opacas na Fig. 1 e 10. Est, pois, claro que neste caso existe
unha similaridade estructural entre a forma buscada e a tcnica empregada. O cal non quere dicir que non ademita variacis e perfeccionamento en cada caso particular como xa se
demostrou.
Finalmente hai que dicir que X. Bar pensa algunhas solucis formales non somente pra resolver un problema concreto, senn coa capacidade de adaptacin de abondo pra adaptarse a problemas parecidos. Esta mesma capacidade tamn
a poderiamos atopar noutros elementos diseados por X. Bar
como as escaleiras autoportantes (en duas versis) as xanelas inclinadas, etc., etc.
6.-CONCLUSION
A xeito de conclusin deste longo i espero polmico anlise, cabe dicir que en X. Bar temas un deses exemplos de
acercamento ao feito arquitectnico de unha maneira personal e centifica. Entendida a arquitectura alonxada de especulacis estticas e sin ser punto de encontro de formas que
resolvan problemas concretos de habitacin nun intre determinado, senn como un proceso de investigacin no que se
interrelacionan aspectos primordialmente funcionales, COA
outros de carcter formal, tcnico e semntico, e que irn
dando unhos resultados que unha vez criticados, serVIrn de
punto de partida pra volver a comenzar. Esta metodoloxia que
aparentemente encerra o perigo de crear un certo distanciamento entre a obra producida e as ideas e conceptos que se
debaten nos foros da profesin, na nasa opinin, unha actitude perfectamente vlida sempre que o camio emprendido
se apoie solidamente en bases racionalmente obxetivas que
vaian ao encontro dos problemas da xente no campo da arquitectura.
Os achdegos de X. Bar son moi diversos e algns de
carcter polmico. Aqui estudamos os que eran do naso coecimento, e nos parecan mais relevantes, pero hai outros
que apenas foron apuntados e outros ainda que nin se mencionaron, pero o que realmente importante pra ns, que
son fruto da evolucin personal dun arquitecto que est. empeado en dignificar a ARQUITECTURA dende o seu pas.
(5)
(6)
(7)
(8)
(9)
(10)

Obradoiro n.o 12.


Obra citada, px. 101
Revista Arquitectura, 1971
Norberg-Schulz, obra citada, Px. 109
Ibdim. Px. 110
Pola sa importancia na evolucin de X. Bar o seu estado podera ser ouxeto dun estudo particular

RELACION DAS OBRAS DE X. BAR


QUE FIGURAN NO ARTIGO
-Edificio cl Marqus de Valladares, 35, Vigo (Figs. 1, 2, 3, 4,
5, 6) Ano 1957.
-Casa Vzquez-San Miguel de Oya, Vigo (Figs. 7, 8, "9) Ano
1963.
-Edificio na Praza de Compostela, Vigo (Figs. 10) Ano 1963.
-Sanatorio Neurosiquitrico El Pinar, Meixueiro, Vigo
(Figs. 11, 12, 13, 14) Ano 1965.
-Policlnico CIES, Avda. de Madrid, Vigo (Figs. 15, 15a) Ano
1967.
-Eirexa Parroquial Nasa Sra. das Neves, Teis, Vigo (Figs. 16,
17, 18, 19) Ano 1968.
-Edif. Vivendas Subvencionadas. Coop. San Jos Obrero
Coia, Vigo (Figs. 20, 21, 22) Ano 1969.
-Gasa Horyaans, Isla de Toralla, Vigo (Figs. 23, 24,) Ano
1972.
-Edificio en esquina cl Garca Olloqui-cl Luis Taboada, Vigo
(Figs. 25, 26) Ano 1972.
-Casa Samuel Janeiro, cl Marqus de Alcedo, Vigo (Figs. 27,
28, 29, 30, 31) Ano 1979.
-Pazo de Xusticia da Corua, Avda. Alfonso Molina, A Corua (Figs. 33, 34, 35) (en construccin).
43

You might also like