You are on page 1of 2

A Secretaría do servizo estará centralizada na sede do CIM

UNHAS 200 PERSOAS ACUDIRON AO


AUDITORIO DE RIVEIRA PARA INFORMARSE
SOBRE A MECÁNICA DO BANCO DO TEMPO
UNHA QUINCENA DE PERSOAS INSCRIBÍRONSE NA
INICIATIVA DURANTE A SÚA PRESENTACIÓN EN PÚBLICO

Santa Uxía de Riveira, 14 de decembro de 2009.- Arredor de 200


persoas acudiron o pasado sábado á presentación oficial do Banco
de Tempo de Riveira, nunha sesión informativo-divulgativa que
contou coa intervención de María Esther Patiño Rey, concelleira de
Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia de Riveira; María
Dolores Crujeiras, directora do Centro de Información á Muller (CIM)
de Riveira; e Gela Sánchez- Albornoz, da Consultoría Sánchez
Albornoz, entidade que coordinou a elaboración do estudo de
diagnose previo á creación deste servizo.

Ao longo dunha hora e media, María Dolores Crujeiras e Gela


Sánchez Albornoz encargáronse de explicar o concepto, finalidade
e mecánica do Banco do Tempo, ademais de responder ás moitas
preguntas xurdidas no transcurso da sesión.

Así, María Dolores Crujeiras explicou que esta iniciativa ten como
obxectivo promover o intercambio gratuíto de servizos entre
persoas de todas as idades no afán de mellorar a calidade de vida,
potenciar as relacións de veciñanza e axudar á conciliación da vida
familiar, persoal e laboral. Gela Sánchez Albornoz ofreceu todo tipo
de exemplos a este respecto, como arranxar os baixos dun
pantalón, conectar un tdt, dar consellos sobre viaxes, transplantar
un vexetal, ensinar a empaquetar regalos, facer galletas, etc...

Secretaría
A Secretaría do Banco do Tempo estará centralizada na sede do
CIM de Riveira (rúa de Correos número 5, teléfonos: 981 874 131
ou 981 873 409; enderezo electrónico: cim@riveira.com ), onde
cada persoa interesada en participar como socia deberá detallar as
habilidades que ofrece e o horario dispoñible para realizalas. De
feito, unha quincena de asistentes xa deixaron os seus datos
durante a presentación no propósito de tomar parte neste servizo.

A partir destas informacións crearase un banco de datos, de tal


xeito que todas as persoas socias poderán ter acceso aos traballos
ou servizos das restantes persoas socias. O pago do servizo ou
traballo realizarase en horas.

Tanto María Dolores Crujeiras como Gela Sánchez Albornoz


recalcaron que en ningún momento se pretende substituír con este
servizo o traballo remunerado dun profesional e que aínda que a
idea está promovida polo Concello o ideal é que algunha asociación
de Riveira asuma a xestión do servizo nun futuro.

Actuacións
Ao finalizar a explicación fíxose unha simulación de como funciona
o banco e posteriormente deuse paso á diversas actuacións
musicais, protagonizadas por un novo grupo de pandereiteiras de
Riveira, polo grupo Aires da Dorna da Asociación de Amas de Casa,
e por Os Bandidos de Santa Crus, composto por alumnos e ex
alumnos de guitarra da escola de música O Alboio.

O acto rematou cunha degustación de doces elaborados por


persoas colaboradoras do Programa Municipal de Animación aos
Maiores.

Durante a sesión houbo un servizo de ludoteca para entreter e


coidar ás criaturas de Riveira a cargo das asociacións xuvenís Flor
de Toxo e Trapallada.

You might also like